O cruceiro da Praza dos Valeiros de Porto caeu sobre o teito dun vehículo.

Publicado por Redacción o

O pasado venres día 5, sobre as 15 horas, caeu de súpeto este cruceiro sobre un vehiculo estacionado na praza dos Valeiros propiedade de Xulio o zapateiro e, afortunadamente, non había ninguén no interior do mesmo.

A cruz desde cruceiro xa fora derrubada nas Festas de Porto de 2007 polo remolque do camión dunha orquestra. Rompeu en 22 pedazos (o fuste quedou en pe) e foi reconstruída por CASTELO OBRADOIRO DE PEDRA da Picaraña, con informe previo de Patrimonio da Xunta. O custo foi asumido pola aseguradora do remolque.

Esperemos que o cruceiro sexa reposto coa maior celeridade e que se xestione tamén coas aseguradoras o arranxo do vehículo do particular.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.