Vidal Seage critica a inacción do goberno local en materia de verquidos ao río Ulla e na xestión do abastecemento de auga.

Publicado por Redacción o

1.000 días de fotos, 0 días de obras

Case tres anos de mandato e nin un só euro investido en abastecemento e saneamento, cos proxectos e convenios herdados do anterior goberno gardados nun caixón. Iso si, para poñerlle o selo “non é meu, non vale” foron ben rápidos.

Vertidos ao Ulla e 60% da auga… desaparecida

O río sofre cada vez máis verteduras contaminantes mentres o executivo mira para outro lado, e máis do 60% da auga subministrada pérdese na rede municipal. A auditoría encargada polo propio goberno admite que o 61,5% da auga dos depósitos de Condide ten “destino descoñecido”: 366.000 litros ao ano, como quen perde as chaves.

6.171 € en papel, 0 € en obras

Pagouse por unha auditoría “marca da casa” 6.171 € que confirma que o 61,5% da auga dos depósitos de Condide ten destino descoñecido, o que supón 366.000 litros ao ano. O informe propón unha ducia de actuacións por 176.500 €, pero en quince meses non se executou nin unha soa.

Do traballo feito ao traballo tirado

O anterior goberno deixara convenios coa Xunta, melloras na depuradora e nos bombeos do Telleiro, eliminación de puntos de vertedura e limpeza do rego de Condide para protexer o medio ambiente e o uso deportivo do río.

O bipartito, lonxe de continuar ese camiño, decidiu laminar todo o feito polo PP… incluída a responsabilidade.

Pontecesures non precisa un goberno especialista en mirar para outro lado, senón en mirar para o Ulla e para a rede de auga antes de que a situación sexa aínda máis irreparable.

POPULARES DE PONTECESURES

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.