Campaña “Polo Nadal, mercar en Pontecesures, ten premio”.

Publicado por Redacción o

O pasado luns 12 de xaneiro, procedeuse ó sorteo da campaña do comercio local, 𝗣𝗼𝗹𝗼 𝗡𝗮𝗱𝗮𝗹, 𝗺𝗲𝗿𝗰𝗮𝗿 𝗲𝗻 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲𝗰𝗲𝘀𝘂𝗿𝗲𝘀, 𝘁𝗲𝗻 𝗽𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼!

Coarenta e nove foron os agraciados do sorteo no que se repartiron os agasallos doados polo comercio local e o cheque de 200 euros do Concello de Pontecesures para mercar no comercio local

𝟏𝟗.𝟎𝟎𝟎 𝐩𝐚𝐩𝐞𝐥𝐞𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐟𝐨𝐫𝐨𝐧 𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐝𝐚𝐬 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝐨𝐬 𝐬𝐞𝐮𝐬 𝐜𝐥𝐢𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐨𝐬 𝐬𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐚𝐛𝐥𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐧𝐭𝐞𝐬, superando a participación da campaña do 2024. Das papeletas entregadas, despréndese a participación, algo máis dun 50%, de veciños e veciñas de concellos limítrofes e das comarcas do Salnés, Barbanza e Compostela, resultado dun comercio local próximo, de calidade e profesional como son os nosos establecementos.

Agradecer ás e ós participantes ó seu apoio ó comercio local e ós establecementos de Pontecesures a súa colaboración e proactividade, apoiando esta campaña posta en marcha polo Concello de Pontecesures.

CONCELLO DE PONTECESURES

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.