O Concello de Pontecesures estivo en Fitur presentando o Xeodestino.

Publicado por Redacción o

Esta semana o Concello de Pontecesures estivo en FITUR presentando o @mardesantiagogeodestino do que a nosa vila forma parte.

Na presentación, a alcaldesa dePontecesures, @maite_tocino, salientou o traballo do equipo de goberno para acadar fondos Next Generation para a redacción do plan director e execución de obras básicas nas instalacións da Cerámica Celta, fondos cos que se sentarán as bases da recuperación e posta en valor dun espazo de máis de 5000 metros cadrados, chamados a ser espazo de lecer para a veciñanza e punto de partida para a recuperación dun dos elementos patrimonias máis importantes da nosa vila.

Asemade, o Xeodestino ven de acadar máis de catro millóns de fondos FEDER que, en Pontecesures, empregaranse na adecuación, creación de rutas de sendeirismo e BBT no Monte Salgueiras e mellora do entorno do miradoiro do Galiñeiro.

Concello de Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.