O PP de Pontecesures segue coas auditorías.

Publicado por Redacción o

O actual equipo de goberno é auténtico especialista en pagar auditorías… para logo gardalas nun caixón. Encargaron en 2024 un estudo de abastecemento que lles dixo, negro sobre branco, que máis do 60% da auga que sae dos depósitos de Condide se perde polo labirinto da rede municipal, cun “desaparecido” de case 366.000 m³ sen rexistrar, e a día de hoxe non foron quen de aplicar nin unha soa das 12 medidas que recomendaba para correxir o problema.

E como lles debeu gustar a experiencia de ignorar informes caros, este mes de xaneiro volvemos á mesma película: nova auditoría, agora do alumeado público, por 7.260 €, mentres os problemas reais seguen sen solución. No último Pleno de xaneiro xa denunciamos que hai veciños que levan meses esperando pola reposición das luminarias diante das súas casas, e a resposta do concelleiro de obras foi todo un plan de goberno: que non se agardan melloras nas vindeiras semanas… ata “o momento en que haxa dous días de sol”. Gobernar a base de auditorías e previsións meteorolóxicas: nova modalidade de xestión municipal.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.