Non disporemos de comedor escolar.Nova baixada de pantalóns.

comedor

Esfúmase o comedor escolar. Se non se remedia Pontecesures non contará con comedor escolar para o vindeiro curso 2010-2011.

O BNG de Pontecesures constata que nos orzamentos da Xunta de Galicia non hai partida para levar a cabo esta infraestrutura. Non consignarse partida orzamentaria para o ano 2010 significa ademáis que probablemente tampouco contaremos co servizo de comedor escolar para o curso seguinte, o 2011-2012, feito que o BNG quere poñer en coñecemento dos veciños deste pobo.

Ante esta situación, ¿Qué fai o goberno local? Pois simplemente cala a boca e agacha a cabeza. Volve a calar igual que o fixo cando a Xunta do PP tirou abaixo o proxecto de remodelación da zona portuaria cun investimento de preto de catro millóns de euros, proxecto do que eles mesmos votaran a favor en pleno.

O BNG denuncia esta actitude do goberno do concello, covarde e cómplice. Covarde e cómplice porque a sabendas que o goberno da Xunta non consigna absolutamente nada para levar adiante esta infraestrutura tan necesaria e tantas veces demandada, cala a boca a fin de non importunar ao PP importándolle pouco ou nada se o servizo de comedor para os escolares e familias de Pontecesures non se leva a cabo
O tripartito coa alcaldesa á cabeza, é responsable no seu conxunto deste abandono e ven a demostrar que a promesa máis importante, por ser das actuacións máis necesarias, que levou a cabo o delegado da Xunta, o Sr, Cores Tourís durante a súa visita a este concello, caeu en saco roto. Dóuselle a entender á cidadanía de Pontecesures como a petición estrela e resultou ser, por ambos lados, mera e simple propaganda.

O BNG quere destacar tamén a actitude do tránsfuga Sabariz, que coa anterior Xunta de Galicia reivindicaba que se acometeran as actuacións necesarias para contar co servicio e agora, cómplice do PP, agacha a cabeza como o s demáis, non acordándose que él o só el é o culpable de que a anterior administración socialista non realizara a inversión para este fin por traizoar ccoa súa actitude de tránsfuga ao partido socialista, recoñecemento expreso que el mesmo ten feito nalgún consello escolar.

O BNG levou, nou seu día, ante o pleno municipal a inicativa para que se destinaran fondos do plan E para a construcción do comedor escolar, por ser prioritaria esta actuación, inicativa á que o goberno municipal non lle fixo caso, disculpándose con falta de competencia, e investindo os cartos noutras actuacións, que ao noso xuizo non eran tan urxentes.

Ante esta nova? baixada de pantalóns? do tripartito municipal, O BNG de Pontecesures, a través dos seus deputados no Parlamento de Galicia ven de presentar enmendas aos orzamentos para o ano 2010 a fin de que nos investimentos da consellaría de educación se consignen os fondos suficientes para que o comedor escolar sexa por fin una realidade para o vindeiro curso e esperando que o PP reconsidere a súa postura e atenda esta razonable e xusta petición.

Encharcados polo tripartito

O BNG quere informar á cidadania do sucedido na rotonda da Charca, por mor das últimas choivas destes dias, e das reaccións por parte do goberno municipal de Pontecesures aparecidas nos medios de comunicación.

Cando se empezou a construir a rotonda da Charca na estrada autonómica PO-548 houbo unha xuntanza, in situ, na que estiveron presentes a alcadesa Maribel Castro, o tránsfuga Sabariz o alcalde de Valga Maneiro e técnicos da Direccion Xeral de Infraestructuras. Na mesma xuntanza Maneiro dixo que as augas do regato tiñan que repartirse entre Valga e Cesures, cando todos sabemos que o regato circulou na súa totalidade, e dende sempre, dirección ao regato da Devesa. Esa negativa por parte do Sr. Maneiro a que as augas circulasen por onde sempre o fixeron, co asentimento e complicidade do goberno cesureño, foi o motivo polo cal se colocou un tubo de escasas dimensións (400mm) que non é capaz de recoller a totalidade das augas do regato provocando inundacións.

O BNG denunciou estes feitos no pleno municipal obtendo como resposta a mofa e burlas de membros do governo, afirmando que o BNG ??non sabe de que está a falar e está mal informado?. Sen embargo a realidade e o tempo pon a cada quen no seu sitio, e a denuncia realizada no seo día, de que o tubo tiña escasas dimensións, tórnase agora nunha realidade e nos últimos días houbo inundacións na rotonda da Charca nd afectando a fincas e incluso poido chegar ás vivendas de continuar as choivas. Xa nese intre,pois, o BNG alertou sobre a posibilidade destas inundacións instando ao goberno que non se deixaran tomar o pelo nin por Maneiro nin pola Xunta e esixiran que non se cometese esa tropelía con Pontecesures.

Agora, despois da «baixada de pantalóns» por parte da alcaldesa Maribel Castro, o tránsfuga Sabariz e o concelleiro de obras Randulfe, diante do alcalde de Valga, onde estes representantes dos veciños de Pontecesures non defenderon os intereses do noso pobo, aceptando as tesis de Maneiro e dando por boa a colocación diste reducido tubo, mandan un escrito a directora xeral de infraestructuras suplicándolle que tome medidas correctoras para evitar inundacións (máis un intento de lavar a cara que de arranxar o problema)

Parécenos vergoñenta a actitude dos nosos gobernantes municipais xa que nunca foron capaces de defender aos veciños da Charca e agora suplican solucións á Dirección Xeral de Infrestructuras. O BNG esíxelle á alcaldesa Maribel Castro que con toda urxencia se reuna coa directora Xeral de Infraestructuras dona Isabel Vila, para que sexa sustituido inmediatamente este tubo de escasas dimenensións por outro moito mais grande e non volva a repetirse esta lamentable situación.

A pesar da eiva, o BNG co Obradoiro de Emprego

O BNG parécelle unha gran nova que, por fin, no noso pobo se poida poñer en marcha un novo OBRADOIRO DE EMPREGO, e máis tendo en conta o número de parados que hai en Pontecesures. Nembargantes, lamentamos aínda máis que o goberno local non fixera caso da proposta do BNG na que se pedía que se solicitase un cuarto módulo de carpintería o que daría a oportunidade de contar con 10 ou 15 alumnos máis; proposta que non foi tida en conta e rechazada no pleno polo grupo de goberno.

A pesares de solicitar só 3 módulos: Xardinería, Construcción e Enerxías Renovables de 15 alumnos cada un, a Xunta reducíu aínda máis este Obradoiro concedendo únicamente 33 alumnos no canto dos 45 solicitados. O BNG non comprende esta rebaixa tan significativa no obradoiro por parte do goberno autonómico ??amigo? do Sr. Rafael Randulfe, o que ven a demostrar o pouco peso político deste personaxe, tendo en conta tamén que noutros concellos non gobernados polo PP a Xunta concedeu Obradoiros con máis alumnado que o de Pontecesures.

O BNG insta a todos os desempregados de máis de 24 anos de Pontecesures a que acudan antes do día 11 de novembro ás oficinas municipais a anotarse para este Obradoiro de Emprego.

Por outra banda, o BNG esixe do goberno local que a selección tanto dos alumnos como do resto de persoal do Obradoiro se faga de xeito transparente e xusto.
Pontecesures, 6 de novembro de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

Xa basta de enganos

Para todos

O BNG de Pontecesures ao respecto da instalación da rede wifi municipal quere manifestar o seguinte :

Como supoñíamos e denunciamos en diferentes ocasións (nos plenos e medios de comunicación) a rede wifi aínda non està operativa, a pesares de que o concelleiro do partido popular Rafael Randulfe, (así tamén o fixo o tránsfuga Sabariz), prometeu ata a saciedade que ía estar en funcionamento a finais do ano 2008.

Así nos invadían nos medios de comunicación en febrero de 2008 ?? Pontecesures contará con wifi gratuito en todo su territorio. El sistema llegará a todos los núcleos a través de 14 antenas conectadas a un ordenador situado?? En noviembre dese mesmo ano o desgoberno municipal emitía un novo comunicado ao pobo a través da prensa escrita con expresións como: ??Pontecesures tendrá su red inalámbrica de comunicación antes de que expire 2008, a pesar de que se ha ido encontrando con diversas dificultades en el proceso de instalación?. Pero de rede wifi nada de nada.

En marzo de 2008 o tránsfuga, a través dos medios afirma que ??Pontecesures contará con rede wifi en el plazo de un mes logo de asinar o contrato coa empresa o 25 de marzo? . O mesmo anuncio se fai en agosto e a mesma información se da no pleno de setembro, que en mes, mes e medio, estará a rede operativa en todo o término municipal. Mentira tras mentira como o demostra a realidade.

Unha vez mais Rafael Randulfe engana aos veciños/as de Pontecesures . As súas mentiras e artimañas xa non collen por sorpresa a ninguén . Recordemos que xurou non dar na pasada investidura a alcaldia a Maribel Castro e chegado o día do pleno non tivo escrúpulos en apoiar a Sra Castro colocando de alcaldesa ao candidato menos votado .

A pesares disto o mais grave, como sospeitamos , é que tan só se colocaron tres antenas da citada rede , ubicándose as mesmas nas rúas centrais do noso pobo, esto implica, como denunciamos en moitos plenos, que a rede wifi só abarcará unha mínima parte do municipio quedando moitos veciños sen cobertura.

Este desgoberno segue a menospreciar aos cidadáns de Cesures e clasificaos en dúas categorias: os de primeira e os de segunda. Queremos recordarlle ao goberno municipal que todos os cidadáns pagan impostos por igual e polo tanto teñen os mesmos dereitos . Este trato desigual xa ocurreu cos fondos estatais que foron invertidos por completo nas rúas centrais .

O BNG esíxelle á alcaldesa Maribel Castro que deixe de enganar constantemente ao pobo, que a rede sexa realidade dunha vez por todas (a empresa incumpríu todos os prazos establecidos no contrato que fixo co concello e este mira para outro lado) e sobre todo que o servicio de internet wifi chegue a todos/as veciños/as do noso pobo e que non continue menospreciando a maior parte da poboación recordándolle ademais que é alcaldesa de todos/as por igual.

Grupo Municipal do BNG
Nota íntegra enviada aos medios

Baixada de pantalóns colectiva

porto

O BNG de Pontecesures quere manifestar, en relación coas declaracións feitas polo presidente de Portos de Galicia a respecto do proxecto de remodelación da zona portuaria que foi aprobada en pleno por toda a corporación municipal, o seguinte:

1.Sorprende que un proxecto de case 4 millóns de euros, que fora solicitado polo anterior goberno municipal encabezado polo BNG, se diga que non satisface aos veciños de Pontecesures. Non entendemos porque, como xa está sendo habitual co PP, todo proxecto elaborado e presentado polo goberno bipartito da Xunta de Galicia é botado abaixo, argumentando neste caso, de forma insultante que se trata dun proxecto malo.

2.Criticar ao goberno municipal actual de Pontecesures que non fagan todas as xestións necesarias para que este proxecto non sexa derrubado, e en cambio se contenten cun lavado de cara que pretende facer Portos de Galicia na zona do peirao de cara ao Xacobeo do próximo ano. Lavado que para nada ten que ver co proxecto inicial, quedando só algunhas actuacións simples que non poñen en valor a recuperación do peirao como zona de lecer.

O goberno municipal, inexplicablemente, encarta as orellas e non esixe que se cumpra o que foi elaborado polo anterior goberno da Xunta e que foi aprobado en pleno por todos os grupos municipais que configuran hoxe a corporación municipal, pleno celebrado en xaneiro de 2008.

Naquel intre dende o tripartito se valorou moi positivamente o anteproxecto presentado por Portos de Galicia, en ningún momento lle pareceu ??malo? aprobando así un convenio con Portos de Galicia para a execución e mantemento das obras de remodelación da zona portuaria e solicintado, xunto co BNG, que no proxecto definitivo se incluísen algunhas melloras, de pouco custe económico pero necesarias.

Responsabilizamos directamente á alcaldesa Maribel Castro desta baixada de pantalóns colectiva, non defendendo os intereses dos veciños e nen sequera defender un proxecto aprobado por ela mesma. Ante esto, o BNG pregúntase, ¿para que cobra o salario pagado por todos esta señora?

O BNG esixe que o goberno de Pontecesures loite para que non se lle tome o pelo aos veciños e veciñas do noso pobo, como realmente está a suceder coa perda desta importante inversión de case 4 millóns de euros.

Grupo Municipal BNG Pontecesures

Nota íntegra enviada aos medios<img