4ª Regata de Infantiles y 1ª Alevines (O Grove)

Esta fin de semá pasada a actividade do Náutico Pontecesures centrouse na disputa da 4ª regata de Galicia de promoción para alevins e infantís no Grove, así como no descenso do río Umia entre as localidades de Portas e Cabanelas.

O sábado celebrouse a competición para alevins e infantís, regata que se disputou entre a ponte da Illa da Toxa discurrindo por todo o paseo marítimo ata as instalacións náuticas municipais.

O Náutico acudiu cun total de 28 palistas das diferentes categorías e modalidades. Estes son as posicións acadadas polos deportistas:

? Kevin Fontenla: K1 Alevin A: 27º posto
? Fabio Raris: K1 Alevin A: 36º posto
? Xesús Bouzón: K1 Alevin A: 43º posto
? Rodrigo Quintáns: K1 Alevin A: 58º posto
? Jorge Riveiro: K1 Alevin B: 3º posto
? Lucas Hermo: K1 Alevin B: 10º posto
? Borja Fandiño: K1 Alevin B: descalificado
? Angel Bouzón: K1 Alevin C: 8º posto
? Iago Llerena: K1 Alevin C: 25º posto
? Borja Lorenzo: K1 Alevin C: 39º posto
? Idoia Lorenzo: K1 Alevin A: 13º posto
? Diana Rey: K1 Alevin A: 28º posto
? Clara Rodríguez: K1 Alevin A: 38º posto
? Samuel Vázquez: K1 infantil B: 8º posto
? Pablo Riveiro: K1 infantil B: 33º posto
? Ismael Llerena: K1 infantil B: 41º posto
? Jesus Ramón Jamardo: K1 infantil B: 60º posto
? Lacy Lilibeth: K1 infantil A: 36º posto
? Eva Limeres: K1 infantil A: 43º posto
? Jennifer Agrasar: K1 infantil A: 51º posto
? Álvaro Loureiro: C1 infantil A destro: 1º posto
? Javier Bernal: C1 infantil A zurdo: 6º posto
? Iván Pesado: C1 infantil A zurdo: 10º posto
? Alex González: K1 infantil A: 60º posto
? Edgar Alfredo: K1 infantil A: 68º posto
? Cayetano Caldelas: K1 infantil A: 72º posto
? Adrián Oliveira: K1 infantil A: 73º posto
? David Lorenzo: K1 infantil A: 75º posto
? Clasificación por clubs: 8º posto

A nivel individual destacar de novo a gran actuación de Álvaro Loureiro que volveu gañar de novo a súa competición levando un camiño imparable para os seus rivais. Tamén o terceiro posto acadado por Jorge Riveiro na súa primeira competición da temporada.

A nivel colectivo resaltar a grande actuación en xeral de todos os palistas, para a gran maioría deles esta era a súa primeira competición, realizando todos un gran papel, conseguindo o 8º posto por clubs de Galicia. NORABOA.

Esta competición foi un paso de xigante para o Náutico, polo número de palistas que participaron , participación de rapazas, resultados conseguidos,… e co paso do tempo esperamos ir conseguindo mellores resultados e novas metas.

Desde aquí quero dar as gracias o CPI Pontecesures así como os profesores da área de educación física pola colaboración que mantiveron co Náutico Pontecesures, desenrolando unha pequena unidade didáctica de piragüismo para os alumnos de 6º de primaria, 1º e 2º da ESO, xa que moitos dos actuais palistas estanse animando a practicar piragüismo a raíz desta iniciativa.

Campionato de España Master. Non puido ser

Este sabado e domingo disputouse o Campeonato de España Master en Castrelo de Miño na distancia de 1000 e 500 metros en embarcación individual. Participaron catro palistas do Nautico obtendo os seguintes resultados:

DISTANCIA DOS 1000 METROS

? Adrián Vicente: C1 cadete: 16º posto
? André Oliveira: C1 cadete: 4º posto
? Lorenzo Riveiro: C1 cadete: eliminado en semifinais
? Marcos Pesado: C1 xuvenil: 17º posto

DISTANCIA DOS 500 METROS

? Adrián Vicente: C1 cadete: 9º posto
? André Oliveira: C1 cadete: 5º posto
? Lorenzo Riveiro: C1 cadete: eliminado en semifinais
? Marcos Pesado: C1 xuvenil: eliminado en semifinais

Na clasificación xeral do Campionato obtiveron os seguintes postos:

? Adrián Vicente: C1 cadete: 13º posto
? André Oliveira: C1 cadete: 5º posto
? Lorenzo Riveiro: C1 cadete: 22º posto
? Marcos Pesado: C1 xuvenil: 18º posto

Por clubs acadouse o 23º posto

A sensación foi de ser un campeonato agridulce para nos xa que a nosa maior baza, André Oliveira non tivo o seu mellor día. Non pasa nada e como en todo nesta vida un bó campión ten que saber gañar e perder. Nesta ocasión tocou perder, non se conseguiu o podium, borrón e conta nova e a pola seguinte. Ánimo.

No que se refire o resto de componentes faltou o pase a algunha das finais por parte de Lorenzo que o tivo moi cerca que finalmete non puido ser e felicitar a Adrián polo seu pase a sua primeira final A da tempada alcanzando o noveno posto nos 500 metros.

Baixada Miño Ourense

O sábado día 10 levouse a cabo o descenso do Miño de Ourense con saída nos Peares e chegada a ponte romana da cidade de Ourense cun percorrido de 18 km para os senior e xuvenís e 15 para os cadetes.

Este foron os resultados acadados polos palistas do Náutico:

? Jose Angel Tarrio/Vicente Acuña: K2 senior: 11º posto
? Ruiz Rodríguez: K1 senior: 17º posto
? Andrés Diéguez: K1 senior: 24º posto
? Iván Figueira: C1 senior: 7º posto
? David Jamardo: C1 senior: 10º posto
? Marcos Pesado: C1 xuvenil: 4º posto
? Cristián Barreiro: C1 cadete: 6º posto
? Clasificación por clubes: 14º posto

Na sección fotografías podedes ver fotos desta regata.

A próxima cita do Náutico para as categorías cadete, xuvenil e sénior será o Campionato de España Master na localidade de Castrelo de Miño, donde acudiremos con catro palistas; André Oliveira, Adrián Vicente e Lorenzo Riveiro en categoría cadete e Marcos Pesado en categoróa xuvenil.

O máximo expoñente do club para esta regata é André Oliveira, donde tratará de revalidar o titulo de campión de España.

Un saúdo, Javier Bouzas, adestrador do Náutico

3ª Regata Nacional de Promoción

O domingo día 11 levouse a cabo a terceira das seis regatas nacionais de promoción. Esta disputouse na ría de Áviles en Asturias. O Náutico desprazouse cun total de sete palistas das categorías infantis A e B, tanto na modalidade de kayak como canoa.

Cabe resaltar a grande proba realizada por Álvaro Loureiro canoa infantil A donde se proclamou vencedor absoluto da proba, sendo a gran promesa infantil do Náutico nestes momentos. Con este triunfo Álvaro xa suma a súa terceira victoria absoluta da tempada xunto as de Pontevedra e Aldán.

Os demais deportistas tamén realizaron un boa actuación, estes foron os resultados acadados:

? Samuel Vázquez: K1 infantil B: 17º posto
? Ismael Llerena: K1 infantil B: 89º posto
? Pablo Riveiro: K1 infantil B: 97º posto
? Alex González: K1 infantil A: descalificado
? Iván Pesado: C1 infantil A zurdo: 12º posto
? Javier Bernal: C1 infantil A zurdo: 8º posto
? Álvaro Loureiro: C1 infantil A destro: 1º posto
? Clasificación por clubs: 27º posto

Na seccion fotografías podedes ver fotos desta competición.

A próxima cita de promoción será o día 24 de xuño ca disputa da 4ª regata de promoción de Galicia para infantis e 1ª para alevins no Grove.

3ª Regata Promoción Galicia (Pontevedra)

O pasado sábado día 27 celebrouse a 3ª regata de promoción para infantís en Pontevedra. Alí déronse cita un total de 35 clubs de toda a xeografía galega acompañados por unha estupenda tarde calorosa. O club náutico volveu a conseguir uns bos resultados sendo o aspecto mais positivo a incorporación as competicións dos novos fichaxes. Estes foron os resultados acadados:

? Samuel Vázquez: K1 infantil B: 5º posto
? Ismael Llerena: K1 infantil B: 19º posto
? Pablo Riveiro: K1 infantil B: 41º posto
? Alex González: K1 infantil A: 147º posto
? Iván Pesado: C1 infantil A zurdo: 10º posto
? David Lorenzo: K1 infantil A: fora de control
? Adrián Oliveira: K1 infantil A: fora de control
? Álvaro Loureiro: C1 infantil A destro: 1º posto
? Javier Bernal: C1 infantil A zurdo: 4º posto
? Clasificación por clubs: 13º posto

Cabe resaltar a gran actuación de Álvaro Loureiro que logrou de novo a victoria e tamén as de Javier Bernal e Samuel Vázquez que rozan postos de medalla.

As próximas citas do Náutico serán o fin de sema do 10 e 11 de xuño ca disputa do descenso do Miño de ?rense para cadetes, xuvenís e sénior e ca disputa da 3ª regata nacional de promoción en Avilés.

Un saúdo, Javier Bouzas, adestrador do Náutico Pontecesures

2ª Regata de Infantís (Aldán)

O pasado día 17 das letras galegas celebrouse na localidade de Aldán a segunda das regatas de infantís en Galicia. Os resultados acadados polos nosos palistas estiveron dentro da dinámica das últimas competicións.

Os resultados máis destacados foron a victoria absoluta de Álvaro Loureiro en C1 infantil A e o 5º posto conseguido por Samuel Vázquez en K1 infantil B.

Asemesmo a regata nacional de 500 metros que se empezou a disputar o sábado día 20 foi suspendida finalmente o domingo pola maña, día da disputa das finais, polo forte vento que sopraba no embalse das Conchas en Muiños (Ourense).

Hoxe sábado día 27 celebrarase a 3ª regata de infantís de Galicia donde o Náutico acudirá con novos palistas incorporados o club recentemente.

Un saúdo, Javier Bouzas, Adestrador do Náutico Pontecesures