O Club Ciclista Pontecesures pasa a chamarse O Trisquel Club Ciclista e xa non ten a sede en Pontecesures.

ACTA DA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DO CLUB DEPORTIVO:

ANTERIORMENTE: CLUB CICLISTA PONTECESURES.

ACTUALMENTE: O TRISQUEL CC (O TRISQUEL CLUB CICLISTA).

Reunidos o día 14 de Decembro de 2012, as 21:30 h horas, deu comenzo a Asamblea Xeral Extraordinaria, válidamente constituída.

Acordandose por maioría cualificada, según o articulo 18 dos estatutos do club, os seguintes puntos:
Cambio de denominación do club.
Cambio de enderezo social.
Cambio de xunta directiva.
Baixa no rexistro de asociación e entidades deportivas do concello de Pontecesures.
Modificación dos estatutos do club.
Aprobación contas ano 2012.
Tramitación licenzas 2013.
Non tendo mais temas que tratar levantase a Asamblea, sendo as 23:30 horas da data en principio sinalada.

O SECRETARIO SAINTE/ENTRANTE,
D.
VºBº O PRESIDENTE SAINTE/ENTRANTE,
D.

* A Partir do ano 2013, procederemos a modificar a dirección do noso blog. Pasando a ser: otrisquelcc.blogspot.com.

Polo río abaixo vai…

20111211-231714.jpg

Ás 9:45 da mañán, un verdadeiro pelotón ciclista composto por membros do BTT de Caldas, Cuntis e Pontecesures, saíu da alameda de Caldas dirección Portas, para o pouco, ainda dentro da vila termal, xirar á dereita para, polo medio de angostos camiños, ir na busca do río Umia.
Unha vez neste, unha boa pista paralela permítenos ir observando o descorrer deste río, na súa inexorable búsqueda do mar. Así, pouco a pouco, avería tras avería, este gran pelotón chega a Barrantes, lugar coñecido polo seu excelente e populoso viño, para dende aquí seguir esta vez o curso do río Armenteira.
Muiño tras muiño, chegamos á aldea de pedra, un pintoresco lugar que non deixa de ser máis que unha representación en granito da Galicia rural de séculos atrás. Aproveitamos este lugar para avituallarnos e facer de paso a correspondente foto de grupo.
20111211-234602.jpg
A ruta que nos levará ata o mosteiro de Armenteira, será espectacular, será a desa maravillosa Galicia profunda. Ríos, regatos, fragas, vals… natureza en estado puro… acompañarannos ata chegar a este mosteiro do século XII.
Aquí despedimos a parte dos nosos amigos de Caldas e continuamos, esta vez xa por camiños máis trialeros, para ascender o monte da Escusa, dende o cal teremos unha fermosa vista das rías de Pontevedra e de Arousa e das serras do Barbanza e do Morrazo.
20111212-000001.jpg
O descenso deste monte lévanos ata Mosteiro e de ahí ata Caldas para, polo camiño de Santiago, chegar ao Náutico de Pontecesures.

Este humilde escribinte, eluxiu como título desta crónica o arriba indicado, ainda que igual o máis axeitado para este escrito houbese sido: «Tino, o señor das cadeas». El saberá porqué… e nos, desgraciadamente, tamén.
20111212-001024.jpg

Crónica dunha molladura anunciada

20111204-000018.jpg

Náutico de Pontecesures. 15:30 da tarde. Frío, neboa, chuvia…
Con está «estupenda» climatoloxía, o pelotón composto esta vez por 16 ciclistas, enfilou dirección ao monte de Condide. Un ritmo suave e fácil foi o que se levou durante os primeiros kilómetros, nos que o persoal tratou de quentar pernas, e máis sobre todo nun día coma o de hoxe.
Logo de pistear polo noso monte, o pelotón dirixiuse por pedregosos camiños, estreitos e sinuosos sendeiros, hacia a fervenza de Raxoi. O río Valga, no seu tramo alto, descóbrenos está bonita paraxe. Logo da foto de rigor no muiño da fervenza da ruixidoira, seguimos dirección O Pino para dende ahí continuar ata Cerneira, donde aproveitamos para reparar unhas averías nas bicis de Tino e de Gulli e de paso, xa que o noso amigo Pablo é natural deste lugar, facer unha nova foto de rigor.
O seguinte que nos quedaba era «asaltar» o Xiabre. 641 metros fan de este monte, un coloso da nosa provincia e a pesar da vaga de incendios que o asolou no 2005 e 2006, é un monte de moitisima vexetación.
Xa a pouco do final, decidiuse que debido á hora que era, o mellor era descender dirección Catoira. Guiados ao principio por Elías e logo por Maga, chegamos ao concello vikingo logo de circular por un espectacular sendeiro paralelo a un pequeno río.
Dende aquí a Cesures pouco máis. Constatar iso si, que o Moroco nunca será Cancellara e de que con Tino e Maga perdéronse dous grandes sherpas…
A todo isto, dicir que seguía chovendo.
20111204-005012.jpg
20111204-005134.jpg
20111204-005235.jpg

Ruta sábado 3 de decembro

20111129-110359.jpg
Para este Sábado 03-12-11 saída como de costume ás 15.30 do Náutico.
Todo mundo preparado con linternas, pois vainos a pillala noite.
A ruta que pretendemos facer nesta ocasión é espectacular, unha das
rutas máis bonitas que se pode facer no noso entorno: Subida a Castro
Valente para ir quentando as pernas (seguramente Tino ou Maga se
encargarán de meternos por algún «por aquí coñezo eu» que fara que as
quentemos de mais…), baixaremos Castro Valente e iremos dirección As
Fervenzas de Raxoi, continuaremos cara o Pino, colleremos dirección
Setecoros para facela subida a Xiabre pola cara norte (moito máis
bonita), faremolas fotos de rigor na cima de Xiabre e voltaremos a
través das múltiples trialeiras existentes en dirección Cordeiro. Para
rematar pasaremos polos camiños colindantes coa charca de Campaña e
final da ruta…
Esperemos que o tempo síganos acompañando e si xuntamos un grupo
numeroso como últimamente, aproveitaremos para facer unha boa foto de
grupo na cima do Xiabre.
Dende aquí, o ccpontecesures quere convidar a tódolos afeccionados á bicicleta a que se unan a esta próxima ruta.

Saída á Cabana

Ás 15:30, coma tódolos sábados, saiuse do clube náutico coa intención de ascender, esta vez, A Cabana. Padrón e Rois foron lugares de paso antes de iniciar a ascensión á Cabana. A Cabana está situada nun monte entre os concellos de Rois e Padrón. Este monte ten a caracteristica de que ofrece ao ciclista moitas alternativas para pasar unha boa tarde de bicicleta. Pódese «pistear» se se quere facer unha ruta tranquila, suave e fácil ou facer rutas máis «trialeras». Esto ultimo foi o escollido.

Unha vez iniciada a ascensión, ritmos diferentes, pedaleos distintos, caras desiguais… pero ao final risas e bo humor cando todos, unha vez arriba, nos xuntamos para facer a correspondente foto de rigor.

O mellor sabiamos e intuíamos, estaba por chegar. As seguintes dúas horas foron espectaculares. Sendeiros, camiños de pedra, regatos… fixeron que o descenso fora algo no que todo mundo disfrutou. Incluso tamén cando chegou a noite, a pesar de que ao final xa non viamos pedras, intuíamos pedras no camiño.
Debido a que a noite xa era pechada, o grupo partiuse e sobre as 7:30 da tarde, chegamos ao noso punto de partida, ao clube náutico. Descoñezo a esta hora se o resto grupo chegou xa, pero coñecendo ao Moroko, que rodaba con eles, supoño que si chegarían… ou non.

O próximo domingo 11 de decembro está previsto realizar a ruta da auga de Armenteira. Dende o CCPONTECESURES queremos invitar a tódolos afeccionados que así o desexen, a acompañarnos nesta saída.