Comunicado do Goberno Municipal de Pontecesures ante as mortes por violencia de xénero no veciño Concello de Valga.

O Goberno Municipal de Pontecesures manifesta a súa repulsa máis enérxica ante o detestable caso de violencia de xénero no veciño Concello de Valga, que rematou coa vida de tres das súas veciñas.

A violencia de xénero é a manifestación máis terrible da desigualdade entre mulleres e homes, non respecta fronteiras, pobos, culturas nen niveis económicos. Baseada na situación de dominación por parte dos maltratadores  a  violencia de xénero supón unha lacra que debe ser erradicada co concurso de toda a sociedade, que deberá traballar coordinadamente para que as novas xeracións herden un entorno libre de toda violencia, en especial, do covarde e execrable asasinato de mulleres.

Dende este Goberno Municipal de Pontecesures queremos trasladar o pésame e as condolencias á familia e amizades da familia, así como a veciñanza do Concello de Valga. 

Reiteramos a nosa axuda e solidariedade a todas as vítimas da violencia de xénero e poñemos a súa disposición todos os recursos do noso municipio.

AXUDAS PARA O ALUGUER DO PLAN ESTATAL 2018-2021.

1)LIÑA A: dirixida a poboación con escasos recursos económicos que na data de presentación da
solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda,
con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de
novembro, de arrendamentos urbanos.
2)LIÑA B: dirixida a poboación moza (menor de 35 anos) que sexa titular ou estea en condicións de
subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda, con mención
expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de
arrendamentos urbanos.
Contía das axudas:
A Liña A será do 40% do custe mensual do aluguer con carácter xeral e do 50% para persoas de 65 e
máis anos
A Liña B será do 50% do custe mensual do aluguer.
Prazo de solicitude:Ata o 11 de outubro.

ENQUISA CIDADÁN PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE NO CONCELLO DE PONTECESURES.

A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención ao Concello de Pontecesures para a redacción dun PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE (PMUS). Neste senso, o Concello de Pontecesures precisa dotarse dun plan de mobilidade sustentable a través do cal poder analizar como funcionan neste momento os fluxos de comunicación (peonil e rodada, en medios de transporte público ou particular, etc.) dentro do propio núcleo urbán e tamén na relación con outros núcleos de poboación e centros de atracción.

Como parte da obtencion de información para a elaboración do devandito Plan de Mobilidade Sustentable, é necesario recurrir a enquisas que reflictan a percepción da cidadanía da situación actual e dos hábitos de mobilidade, medios de transportes utilizados, etc..

Por todo isto, animamos a que a cidadanía de Pontecesures conteste a esta enquisa sinxela que axudará a coñecer e mellorar a mobilidade no noso concello. No seguinte link accédese ao modelo de enquisa:

ACCESO Á ENQUISA; PREMER AQUÍ