
OBRAS DE REFORMA DOS VESTIARIOS DO CAMPO DE FUTBOL MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ .

O equipo de goberno do Concello de Pontecesures ven de adxudicar a obra “Reforma e ampliación dos vestiarios do campo de fútbol municipal de Pontecesures” á empresa GROMA OBRAS S.L. por un importe de 41.583,24€ dos que 23.452,95 son subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural “AGADER”, 16.703,97€ son subvencionados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019 e 1.426,30€ son aportados polo Concello de Pontecesures.
Tal como se recolle no propio proxecto, os actuais vestiarios teñen unha capacidade moi reducida para a cantidade de deportistas que fan uso do campo de fútbol, tanto afeccionados como profesionais. Esta falta de capacidade maniféstase de maneira especial cando se celebran torneos con varios equipos, e máis aínda cando se trata de equipos ou torneos mixtos, xa que non resulta posible facilitar espazos de vestiarios para equipos masculinos e femininos. Trátase, ademais, duns vestiarios cunha construción e acabados moi básicos, o que unido a antigüidade das instalacións, fan que resulten actualmente moi deficientes. Presentan, ademais, problemas para dar servizo a persoas con capacidade reducida, tanto para a accesibilidade aos propios vestiarios e servizos, como de uso das propias instalacións.
Nunha única actuación, a de “Reforma e Ampliación dos Vestiarios do Campo de Fútbol Municipal”, preténdese emendar, dentro dos medios dispoñibles, todas as eivas detectadas, aumentando a capacidade dos vestiarios, posibilitando así dispoñer de vestiarios masculinos e femininos nos momentos nos que sexa preciso, e mellorando as condicións de salubridade e accesibilidade das instalacións actuais.
OFERTA DE EMPREGO: PERSOAL DE AXUDA NO FOGAR PARA A ZONA DE TEO.
DESCRIPCIÓN DA OFERTA
ATENDO CALIDADE S.L solicita 6 postos de traballo dentro do AREA SOCIOSANITARIA, para traballar con persoas en situación de dependencia.
3 postos durante o período de vacacións (do 02 o 16 de Setembro), no seguinte horario, de 18:00 a 21:30 de Luns a Venres; e Domingos de 08:00 a 13:00 e de 18:00 a 21:00.
3 postos máis, tamén durante o período de vacacións (do 02 o 16 de Setembro), no seguinte horario, de 08:30 a 13:30 e de 18 a 21 de Luns a Venres.
O noso servicio atende a personas con diferentes tipos de patoloxías e grados de dependencia, polo tanto buscamos a profesionaies sociosanitarios con unha alta vocación de servizo.
O servizo prestarase nos domicilios dos usuarios, na zona de TEO.
Formación: (1 das seguintes opcións)
– Auxiliar de axuda a domicilio
– Técnico Sociosanitario
– Auxiliar de enfermería
– Auxiliar de clínica
– Certificado de Profesionalidade (a domicilio/en institucións).
– Título similar ou cursando algunha das anteriores formacións
Carné de Conducir e Vehículo Propio, Incorporación inmediata
Categoría:
Auxiliar de axuda no fogar
Salario:
Según convenio
Contacto:
ATENDO CALIDADE S.L.
CONCELLO DE TEO
671 05 67 73
RUTA DE SENDEIRISMO EN PONTECESURES: “OLLANDO O ULLÁN” DO PROGRAMA GOZA DO ULLA 2019 O DOMINGO 1 DE SETEMBRO.


O Programa GOZA DO ULLA desenvolvese dende maio a outubro nos concellos bañados polo río Ulla, dende prácticamente o seu nacemento ata a desembocadura na ría de Arousa, en cada concello realizase unha ruta que dalgún xeito está relalcionada co río, ben porque a ruta discorre a carón do mesmo ou porque dende a ruta se pode observar o trazado do río; como é o caso de Pontecesures. En Pontecesures levarase a cabo a ruta denominada OLLANDO O ULLÁN o vindeiro domingo 1 de setembro.
Esta ruta ten un percorrido aproximado de 15-16 km e realizase en 4 horas aproximadamente. Súbese a ladeira do Monte Castrovalente e á cima do Monte Salgueiras para rematar baixando polo mirador da Galiñeira, pasando polos Petroglifos da Pedra da Serpe. É un percorrido de dificultade media que nos permite ver en toda a súa extensión o Val do Ullán e o trazado que fai no seu centro o río Ulla.
Inscrición previa na oficina de xuventude do Concello de Pontecesures no teléfono 986 564 410 ou no mail xuventude@pontecesures.org , tan so hai indicar nome e apelidos, concello de procedencia e número de teléfono. Saída DOMINGO 1 DE SETEMBRO ÁS 9.00 HORAS NA PLAZUELA DE PONTECESURES.
Dende o Concello de Pontecesures animase tanto aos veciños como á xente de fora do pobo a participar nesta actividade. A ruta estará guiada por unha persoa posta polo concello, disporemos en tres ou catro puntos da ruta con servizo de avituallamento, que ofrecerá bebidas e frutas aos camiñantes.
Enlace coa ruta na app. wikiloc:

