INCIDENCIAS NO SERVIZO DE RECOLLIDA DE R.S.U. (recollida do lixo).

Vense observando dun xeito continuado que algúns veciños/as están a estacionar os seus vehículos indebidamente a carón dos colectores de lixo, bloqueando o acceso do camión de recollida. Esto supón que algúns colectores queden sen servizo de recollida, así consta en informes que a empresa concesionaria ten remitido ao Concello de Pontecesures. A modo de exemplo, no mes de xullo de 2019, producironse este tipo de incidencias na Praza de Pontevedra, no Camiño á Toxa e e na Rúa do Campo.

Dende o goberno local instamos a tódol@s veciñ@s a estacionar os vehículos correctamente sen bloqluear nen este nen outros servizos.

Así mesmo, no caso de que continúen a producirse este tipo de incidencias, o Concello de Pontecesures impoñerá as medidas coercitivas e sancionadoras que a lei prevé para estas infraccións.  

CORTE NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO EN GROBAS-FENTEIRA O MÉRCORES 7 DE AGOSTO.

Según comunicación da subministradora (GRUPO NATURGY) recibida no Concello de Pontecesures; coa finalidade de efectuar traballos de mantemento na rede eléctrica informan que o vindeiro día 7 de agosto de 2019 (mércores), de 8:00 a 08:45 e de 17:00 a 17:45 horas, procederán a deixar sen servizo unha serie de instalacións, o que pode provocar interrupcións no subministro de electricidade durante ese intervalo de tempo.

Lugares afectados: Grobas-Fenteira.