CAMPAMENTO DE VERÁN 2019: Convocatoria das quendas do mes de agosto.

Logo de rematado o 1º prazo de inscrición e tendo xa pechadas as dúas quendas do mes de xullo, ábrese o prazo de inscrición para as quendas do mes de agosto que será do 1 ao 23 de xullo. Tendo en conta o seguinte:

  1. Tódolos nenos e nenas (tanto empadroados/as como os/as que non) que xa fixeron inscrición para quendas de agosto no 1º prazo (do 19 ata o 27 de xullo) non teñen que volver a facela.
  2. Actualmente hai 30 inscritos para a 3ª quenda (1-15 agosto) e 36 para a 4ª quenda (16-31 agosto), polo que faranse novas inscricións ata completar o máximo de prazas (60).
  3. Ao igual que no 1º prazo terán prioridade as nenas e nenos empadroad@s(1) en Pontecesures.
  4. (1) A condición de empadroamento deberá ser anterior ao 19 de xuño de 2019 (data de inicio do 1º prazo de inscrición).

Non será necesario aportar certificado de empadroamento (comprobarase internamente no padrón municipal de habitantes).

FORMALIZACIÓN DA SOLICITUDE. A petición de admisión no servizo realizarase cubrindo a ficha de inscrición e aportando a documentación que se require en dita solicitude que poderán recoller nas dependencias do Concello de Pontecesures sita na Av. de Vigo, 2 – Pontecesures, tfno. 986 564 410 en horario de 9 a 14h.

FORMA DE PAGO (Nen@s non empadroad@s da lista de espera).  Farase unha vez finalizado o prazo de inscrición, cando se conceda a praza definitivamente. O pago realizarase por transferencia ou ingreso no número de conta que se indicará no momento da concesión da praza, especificando o nome do usuario e a quenda na que participa. Deberase entregar o resgardo do ingreso para adxuntarllo a folla de inscrición. 

CAMPAMENTO DE VERÁN MUNICIPAL (NEN@S DE 3 A 12 ANOS).

CAMPAMENTO DE VERÁN é unha proposta do Concello de Pontecesures que pretende non só ocupar o tempo de lecer dos  nosos cativos, senón permitir ás familias compaxinar a vida familiar e laboral.

O Campamento de Verán está DIRIXIDO a nenos  e nenas con idades comprendidas entre 3 e 12 anos (ambos inclusive).

O prazo de inscrición para as quedas do mes de xullo será do 19 ao 27 de xuño.

O prazo de inscrición para as quedas do mes de agosto será do 1 ao 23 de xullo.

Poderá facerse dende o primeiro día a inscrición para todo o Campamento.

Descarga de bases completas e formulario de inscrición:

PLENO DE CONSTITUCIÓN DA NOVA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE PONTECESURES, SÁBADO 15 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS.

Mañán sábado 15 de xuño celebrarase a sesión constitutiva da nova Corporación Municipal de Pontecesures, no salón de sesións da Casa do Concello, ás 12.00 horas, segundo o establecido no artigo 195.1 da LOREG e 37.1 do ROF, coa seguinte orde do día:

1º.- Formación da Mesa de Idade.

2º.-  Comprobación de Credenciais.

3º.- Xuramento ou promesa e toma de posesión dos Concelleiros.

4º.- Declaración de constitución da Corporación.

5º.- Elección e proclamación de Alcalde.

6º.- Xuramento ou promesa do Alcalde e toma de posesión.