
CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA (CAMPAÑA DE VERÁN 2019).

Ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2019 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 76 do 22/abril/2019) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa “CAMPAÑA DE VERÁN-2019” para rapaces/as de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.
O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é ATA O 7 DE MAIO DE 2019, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.
Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/16698-campana-de-veran-2019
PROGRAMA CONVIVE COMigo

O Programa CONVIVE.COMigo parte do ámbito xudicial, xa que xorde da necesidade de dotar de recursos (neste caso familias e persoas) ao Xulgado de Menores para que este poida recoller nas súas sentenzas a medida de Convivenciacon persoa, familia ou grupo educativo: unha medida que obriga a un/unha adolescente a vivir noutro contexto familiar diferente ao de orixe, tratando de reconducir a situación que o/a levou a un Xulgado, facilitándolle un entorno de socialización positiva co fin último de evitar unha reincidencia futura.
A medida de Convivencia aparece recollida dentro da Lei 5/2000 (reguladora da responsabilidade penal dos e das menores de idade, comunmente chamada LEI DO MENOR), con carácter sancionador pero de natureza educativa, busca imponer medidas xudiciais que se axusten ao delito, razón pola cal esta medida está dirixida principalmente a aqueles/as adolescentes que sexan xulgados por un delito de violencia no ámbito familiar, aínda que se podería impoñer a calquera tipoloxía de delito. O Xulgado ten presente que non todos os perfís de adolescentes son válidos para unha medida de convivencia, así que coas entrevistas que o Equipo Técnico do Xulgado realiza ás/aos mozos/as e as súas familias, e a información que se manexa, se valora se esta puidera ser unha opción.
A duración aproximada dunha medida de convivencia oscila entre 9 meses e un ano, tempo durante o cal o/a adolescente debe convivir con esta nova familia (ou persoa) de tal xeito que se lle ofreza un entorno no que aprender/modificar aquelas condutas que foron motivo de denuncia. No momento de comezo de cumprimento da medida xudicial, asínase un contrato e dende a Xunta finánciase esta convivencia. Esta convivencia tería unha FINANCIACIÓN de 40€/diarios para axudar a reducir os costes que supoña para estas persoas ou familias esta experiencia.
Nestes intres precisamos que contacten con nós as persoas ou grupos familiares que lles poida interesar esta aposta temporal por convivir con un/unha adolescente que está nunha situación de conflito. Poden facelo a través do noso teléfono 986212537 ou do correo electrónico convive@arela.org .Logo deste primeiro contacto poderíase iniciar o proceso de coñecer ós/ás candidatos/as a través de entrevistas, visitas domiciliarias, para logo formar parte dun proceso de FORMACIÓN a través de varias sesións formativas tanto de índole grupal como individual. Unha vez validada a persoa ou familia se podería proceder a convivencia efectiva con un/unha adolescente.
Podes atopar a información na nosa web:
PREMIOS PARA OS EQUIPOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE FUTBOL SALA
O EQUIPO ALEVÍN DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CAMPION DA FASE INTERCOMARCAL DISPUTADA ESTE PASADO SABADO.En dita fase participaron os equipos que se clasificaron nas fases Comarcais de Noia, Barbanza, Costa-Fisterra e Barcala-Xallas-Muros.Agora este equipo vai xogar a Final a 4 entre os mellores equipos da provincia da Coruña.¡¡¡ Moita sorte !!!

TAMEN ESTE PASADO VENRES OS EQUIPOS BENXAMINS E E PREBENXAMINS RECOLLERON OS SEUS PREMIOS POLA PARTICIPACION NA LIGA “TERRAS DE IRIA”.
Os Prebenxamíns quedarón CAMPIÖNS.
Os Benxaíns acadaron o 4º posto da súa categoria.
¡¡¡ Parabéns ós deportistas de ambas escuadras !!!




