O EQUIPO ALEVÍN DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CAMPION DA FASE INTERCOMARCAL DISPUTADA ESTE PASADO SABADO.En dita fase participaron os equipos que se clasificaron nas fases Comarcais de Noia, Barbanza, Costa-Fisterra e Barcala-Xallas-Muros.Agora este equipo vai xogar a Final a 4 entre os mellores equipos da provincia da Coruña.¡¡¡ Moita sorte !!!
TAMEN ESTE PASADO VENRES OS EQUIPOS BENXAMINS E E PREBENXAMINS RECOLLERON OS SEUS PREMIOS POLA PARTICIPACION NA LIGA “TERRAS DE IRIA”. Os Prebenxamíns quedarón CAMPIÖNS. Os Benxaíns acadaron o 4º posto da súa categoria. ¡¡¡ Parabéns ós deportistas de ambas escuadras !!!
Informase
á veciñanza e, en particular ás persoas coidadoras de persoas dependentes con
Libranza para os coidados que desde o 1 de abril de 2019 recuperouse o
financiamento por parte da Administración Xeral do Estado das cotas á
Seguridade Social derivadas dos convenios especiais que poidan subscribir as
persoas coidadoras non profesionais das persoas en situación de dependencia Pódese
solicitar nun prazo de 90 días desde esa data, ou se a libranza se
recoñece con posterioridade, nun prazo de 90 días tras o recoñecemento da
mesma; fóra dese prazo, os efectos do convenio estenderanse desde a data de
solicitude do mesmo.
As solicitudes
presentaranse no INSS cumprimentando o modelo TA0040 Solicitude de Alta/
Baja/ Variación de datos/ Suspensión / Reanudación / Extensión de Convenio
Especial, xunto coa seguinte documentación:
•
Resolución da prestación económica de dependencia.
•
DNI da persoa en situación de dependencia.
•
DNI da persoa coidadora non profesional.
(A base de cotización será o tope mínimo que en cada
momento este establecido no Réxime Xeral da Seguridade Social. No caso de que o
tempo de coidados non acade a dedicación completa a base de cotización
reducirase proporcionalmente, sen que poida ser inferior ao 50% do tope mínimo
establecido. Establécese unha excepción no caso de persoas que interromperan
unha actividade por conta allea ou por conta propia para adicarse aos coidados
da persoa en situación de dependencia. Neste caso poderá manterse a base de
cotización do último exercicio en dita actividade, sempre que sexa superior ao
tope mínimo da Seguridade Social, sendo ao seu cargo o custe do incremento de
cotización (Art. 4.2 do R.D 615/2006)
Pódese consultar máis información no seguinte enderezo:
Para máis Información poden dirixirse ao Servizo Social
Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 14 horas, e os martes e
venres de 9 a 14 horas; no teléfono 986564409 ou no correo-e ssociais@pontecesures.org