
RESULTADO DO CONCURSO TAPEA LAMPREA E DO SORTEO DOS CHEQUES REGALO

Esta mañá celebrouse o reconto das votacións dos locais participantes no concurso “Tapea lamprea”, co seguinte resultado para os 3 primeiros postos:
CASA CHAVES …………………………………………. 42 VOTOS.
A CASA DO RIO………………………………………… 25 “
RESTAURANTE O CANDIL……………………………. 18 “

Posteriormente procedeuse o sorteo entre todos os participantes de 3 premios, resultando gañadores:
3º Premio (Vale por importe de 20 €) Jesús Rubines Bustelo.
2º Premio (Vale por importe de 30 €) Ana Elvira Sánchez Pereira.
1º Premio: (Vale por importe de 50 €) José Crego.
A entrega de premios está prevista para o vindeiro martes 30 de abril as 12 do mediodia na casa do concello.

EN ABRIL PÓDESE VISITAR NO CONCELLO A EXPOSICIÓN DE PINTURA “UNIDOS POLA ARTE”.
AQUI VEMOS UNHAS IMÁXENES DOS CADROS EXPOSTOS. PERO MELLOR É VIR A VELOS “IN SITU”…
ESTE XOVES DÍA 11 COÑECEREMOS A TAPA GAÑADORA DA V EDICIÓN DO CONCURSO “TAPEA LAMPREA”.

Este xoves día 11, a partir das 11.30 horas da mañá, no salón de plenos do concello farase o reconto entre todas as papeletas concursantes para coñecer o nome da tapa gañadora desta V edición, para distinguir nunha data posterior que anunciaremos ó establecemento que a elaborou co diploma acreditativo.
Tamén este xoves efectuaremos o sorteo dos 3 premios consistentes en 3 cheques-comprapor valor de 50, 30 e 20 € entre todas aquelas persoas que depositaron as suas cartillas nas caixas postas a tal fin nos 9 bares participantes do Tapea Lamprea. Os premiados/as recollerán os seus cheques-compra nese posterior acto de entrega dos premios.
Recalcar que este acto é público, polo que se invita á veciñanza a pasarse polo mesmo.
























