Polo empeoramento do tempo previsto para as próximas horas deste domingo, e que coinciden co horario do festival de disfraces de entroido, este celebrarase no polideportivo a partir das 17 h desta tarde. O pavillón abrirá as suas por tas a partir das 16.30 h. Disculpas polas molestias ocasionadas.
Ante as previsións de mal tempo para a xornada do domingo 3 de marzo, avísase a tódolos/as interesados/as que de persistir esta situación o concurso e desfile do ENTROIDO 2019 pasará a realizarse no Pavillón Polideportivo Municipal, tal e como figura na base 9ª das bases deste evento.
Actas de selección dos días 25 e 26 de febreiro de 2019 de 9 postos de traballo no Concello de Pontecesures (4 peóns de obra pública, 3 peóns de limpeza de edificios e locais, 1 ordenanza e 1 auxiliar administrativo/a) subvencionados polo Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.
Infórmase aos veciños e veciñas que o Concello de Pontecesures participa Programa DEPOTERMAL 2019 da Deputación Provincial de Pontevedra que conta con dúas modalidades:
a) Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos.
b) Programa termal de pernoctación (estadía en réxime de Pensión completa durante 6 días/5 noites).
Persoas destinatarias e requisitos:
-Ser nacidas antes de 1969, ou ser pensionista, ou precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante informe social da TS do SSC.
No caso de parellas que desexen participar xuntas é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos.
As persoas beneficiarias deben reunir ademais os seguintes requisitos:
– Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio.
– Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria.
En ambas as dúas modalidades existen prazas de reserva subvencionadas con ata o 100% para persoas en situación de precariedade económica (RPC mensual inferior ao IPREM -532,51€-) e en situación de risco social, o que se acreditará mediante informe social da TS do SSC.
Documentación:
— Modelo de solicitude cuberto (anexo II).
— Certificado acreditativo da condición de persoa pensionista.
— Tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
— Informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos para xustificar a condición de persoa beneficiaria do respiro familiar, tanto no caso da persoa solicitante coma no da acompañante (anexo V).
— No caso das prazas reservadas subvencionadas, valoración social referida na base oitava nos termos establecidos nesta convocatoria (anexo III).
Prazo de Solicitude: Ata o 26 de marzo
Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social
Comunitario deste Concello os luns (11 a 15 H), martes e venres de 9 a 14 horas.