XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO COLEXIO CPI DE PONTECESURES.

 O vindeiro martes 26 de febreiro ás 5 da tarde, e o mércores 26 de febreiro ás 11 da mañá no CPI de Pontecesures haberá unhas xornadas de portas abertas para que as familias que vaian matricular ós seus fillos de 3 anos en 1º de infantil poidan coñecer as nosas instalacións e equipo docente. NOTA: A matricula para os cativos/as de 3 anos faise entre o 1 e o 20 de marzo.

2ª NOTA INFORMATIVA DO CONCELLO DE PONTECESURES: RECORDATORIO DO SISTEMA DE RECICLAXE DE MOBLES E ENSERES DOMÉSTICOS, RESTOS DE PEQUENAS OBRAS E APARATOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS.

Logo do recordatorio público que fixo o Concello de Pontecesures, o pasado mes de agosto de 2018, sobre a reciclaxe de mobles, enseres domésticos, restos de obras e aparatos eléctricos; continúa o vertido indiscriminado –ver fotografías- que  seguen facendo algúns veciños/as en algunas zonas do pobo, deixando todo tipo de restos de materiais domésticos a carón dos colectores de recollida de lixo (inodoro e neveras neste caso), dando unha penosa imaxe do noso pobo. Ante esta situación recórdase outra vez a toda a veciñanza o sistema de recollida destos refugallos no noso pobo:

  1. ENSERES DOMÉSTICOS E MOBILIARIO: Hai que chamar previamente ao teléfono 639 107 638 (da empresa concesionaria da recollida do lixo FCC). Neste contacto indicarán o lugar donde debemos depositar os residuos, que será normalmente no espazo a carón dos colectores de lixo máis próximos, e tamén a data na que se levará a cabo a recollida (normalmente recomendan depositar estos materiais a noite anterior ao día da recollida). Este mes de febreiro os días de recollida serán os martes 12 e 26.

 

  1. RESTOS DE PEQUENAS OBRAS DOMÉSTICAS E APARATOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS: Estos recóllense a domicilio o 4º xoves de cada mes, para isto hai que chamar previamente ás oficinas centrais da Casa do Concello (986 557 125) para que tomen nota do nome do veciño/a, o enderezo e os materiais que hai que recoller. Este mes de febreiro o día de recollida é o xoves 28.

Dende esta administración municipal agardase que non continúen estos vertidos xa que en caso contrario terá que proceder a tomar as medidas legais e coercitivas  que correspondan con estas faltas.