RESULTADOS DO II Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES e II Concurso de decoración NAVIDEÑA DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS.

Onte xoves 27 de decembro o xurado do II Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES E CONCURSO DE DECORACIÓN NAVIDEÑA DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS visitou os distintos establecementos e asociacións participantes nesta segunda edición.

O xurado estivo composto por tres membros con coñecementos en distintas áreas como deseño gráfico, decoración, escaparatismo, etc.

O xurado estivo composto por:

  • Ramón Dominguez.- Profesor de música.
  • Xosé Mª Lomba Martínez – Titulado Superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais.
  • Eva Gerpe Limeres – Estudante de último curso de Inxeñería de deseño industrial.

Os gañadores do II Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES E CONCURSO DE DECORACIÓN NAVIDEÑA DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS proclamados por este xurado son os seguintes:

Asociacións e particulares

1º premio: GEDA – PRAZA DOS VALEIROS.

2º premio: GRUPO VECIÑOS DA TOXA CARREIRAS.

3º premio: ASOC. CULTURAL SANTA LUCIA DE INFESTA


GRUPO GEDA PRAZA DOS VALEIROS


GRUPO GEDA PRAZA DOS VALEIROS


VECIÑOS TOXA-CARREIRAS

 

VECIÑOS TOXA-CARREIRAS

 


ASOCIACIÓN SANTA LUCÍA DE INFESTA

 

ASOCIACIÓN SANTA LUCÍA DE INFESTA

Establecementos comerciais

1º premio: ELECTRODOMESTICOS FROIS

2º premio: ESTANCO PONTECESURES

3º premio: A CASA DOS NENOS

ELECTRODOMÉSTICOS FROIS

 

ESTANCO PONTECESURES

 

A CASA DOS NENOS

A ENTREGA DOS PREMIOS FARASE O VINDEIRO VENRES 11 DE XANEIRO AS 13 H. NA CASA DO CONCELLO.

O CONCELLO DE PONTECESURES ABRE O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN/COLABORACIÓN NA CABALGATA DE REIS.

O Concello de Pontecesures invita a participación de todos, nenos e maiores, na Cabalgata de Reis. Os interesados en participar poden incribirse nas oficinas do Concello ata día 4 de xaneiro (ata ás 12.00 horas).  A Cabagata de Reis será o sábado 5 de xaneiro, sendo o lugar de reunión dos participantes nave de obras do concello ás 16.30 horas (saída da cabalgata ás 17.30 horas).

A distribución e reparto da roupa para o desfile será a partir do día 2 de xaneiro (ata o 4) no momento da inscrición.

RECEPCIÓN DE PAPÁ NOEL NA PLAZUELA DE PONTECESURES.

O luns 24 de decembro Papá Noel percorrerá Pontecesures. Saída da nave de de obras municipal ás 11.00 co seguinte percorrido:

  • Grobas-Fenteira.
  • A Toxa-Carreiras-Condide.
  • Redondo-Praza de Pontevedra.
  • Avenida de Arousa-Avenida dos Namorados.
  • Praza dos Valeiros-Porto.
  • Rúas do centro urbán.
  • Final na Plazuela aproximadamente ás 13.00 horas.

Papa Noel recollerá as cartas de tódol@s nen@as na Plazuela a partir das 13.00 horas.