XIX CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES.
| O Concello de Pontecesures organiza a XIX edición da súa carreira popular o sábado 29 de decembro de 2018 a partir das 16:15 hras.
A proba absoluta terá un percorrido de 9.000 metros. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. A saída e chegada de tódalas probas será na Praza do Coche de Pedra, no centro urbán de Pontecesures. A inscrición deberá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal con data límite o xoves 27 de decembro ás 23.59 horas. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba. Teléfonos de información xeral da proba: 986 564 410 / 986 564 403 (Concello de Pontecesures) Camiseta para os 400 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares. Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta (9 km aprox.) (premios NON acumulativos). Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás na categoría biberóns onde non haberá clasificación (entregarase medalla a tódolos participantes). Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba. Como novidade, este ano haberá premios para os clubes na proba absoluta (9 km): PREMIOS A CLUBES FEDERADOS
A clasificación de clubes establecerase a través dos 8 primeirosclasificados do mesmo pola suma dos seus postos na clasificación xeral da proba absoluta. Os clubes federados deberán estar compostos alo menos por 8 compoñentes, sexan homes ou mulleres, con licencia federativa en vigor que logren cruzar a liña de meta. A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures [no día da proba –xoves 27 de decembro de 2017– de 15.00 a 16.15 horas], a carón da saída das probas. A entrega de premios será na Praza do Coche de Pedra ou, en caso de mal tempo, no Centro Social. |
||||||||
PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “MIÑA” (UNHA REFLEXIÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO), MÉRCORES 14 DE NOVEMBRO NA CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES.
RECORDASE A ACTIVIDADE DESTE MÉRCORES.
O Concello de Pontecesures como integrante da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero (ao abeiro do Acordo de Colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias); organiza:
- Proxección da curtametraxe “MIÑA” e foro-debate con profesionais sobre a abordaxe da violencia de xénero no ámbito veciñal.
MÉRCORES 14 DE NOVEMBRO ÁS 18.00 HORAS NA CASA DO CONCELLO.
2ª RUTA DE TAPAS DE MATANZA EN PONTECESURES.
Unha decena de establecementos hosteleiros conxuntamente co Concello de Pontecesures organizan a 2ª Ruta de Tapas da Matanza.
Terá lugar na fin de semanda do 1 e 2 de Decembro, e cada tapa terá un custe de 2,50 €. As persoas que acrediten a asistencia a 3 dos establecementos participantes na ruta e cubran a corresponddente cartilla acreditativa entrarán nun sorteo dunha cesta de productos típicos da matanza. Con esta cartilla tamén se poderá elixir a tapa mellor valorada e que optará a un diploma de Establemento Gañador.





