O CONCELLO DE PONTECESURES BUSCA SOLUCIÓNS PARA RESOLVER A SITUACIÓN DE DETERIORO DO PASO PEONIL ELEVADO SOBRE A ESTRADA N-550.
O Alcalde de Pontecesures mantivo unha xuntanza co vixiante da Demarcación de Carreteras do Estado en Pontevedra, dependente do Ministerio de Fomento, para trasladarlle a necesidade de melloras na pasarela que atravesa a estrada N-550 ao seu paso polo pobo e que precisa dunha reforma estructural de certa entidade.
O rexidor trasladoulle ao ministerio a necesidade de melloras consistentes en reparacións tanto dos encofrados como dos pilares que a sosteñen nos que xa se aprecian sinais evidentes de deterioro e de oxidación dos forxados da estructura.
PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “MIÑA” (UNHA REFLEXIÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO), MÉRCORES 14 DE NOVEMBRO NA CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES.
O Concello de Pontecesures como integrante da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero (ao abeiro do Acordo de Colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias); organiza:
· Proxección da curtametraxe “MIÑA” e foro-debate con profesionais sobre a abordaxe da violencia de xénero no ámbito veciñal.
MÉRCORES 14 DE NOVEMBRO ÁS 18.00 HORAS NA CASA DO CONCELLO.







Boletín emprego 19/outubro/2018