TEATRO NO CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES: FULANO, MENGANO E CITANO “TOP MANTA”.

FULANO MENGANO E CITANO    

presentan

??TOP MANTA?

SÁBADO 8 DE SETEMBRO DE 2018 ÁS 22.00 HORAS NO CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES.

SINOPSE:

TOP MANTA, cóntanos unhe serie de historias, actuais, cercanas e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro  para crear un ??coctel de sete estalos? que nos fará estoupar coa risa.

Divertidas imaxes de transición, intercaladas ao longo de toda a peza van complementando as escenas, ao tempo que potencian o ritmo narrativo.

As distintas historias que se presentan, ofrecen sorpresas continuas, que fan que os espectadores saian do teatro eufóricos, felices e con ganas de volver.

“TOP MANTA”

un espectáculo para rir e rir e rir

por non chorar, chorar, chorar?

de risa, claro!

Intérpretes

   Suso Pando,  Marcos Alonso,  Manuel Pombal

Dirección

   Manuel Pombal

Apta para todos os públicos

OBRA DE MELLORA DO CAMI?O TOXA ?? CARREIRAS

O pasado 1 de agosto de 2018, a Xunta de Goberno Local adxudicou a ??Obra  de mellora do Camiño Toxa-Carreiras? á empresa Construcciones y Canalizaciones Salnés S.L. (CCS) por un importe de 27.092,67? máis 5.689,46E de IVE o que fai un total de 32.782,13? dos que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, a través do ??Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017-2018? aporta 25.290,35? e o Concello 7.491,78?. A aportación do Concello faise con cargo á baixa da adxudicación dunha obra do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.

A actuación consistirá en demoler o actual pavimento de asfalto, para dispoñer un novo pavimento de formigón armado con bordos tranversais de formigón envellecido. O formigón será coloreado, nun cor ocre e cun acabado superficial raiado.

Será preciso facer novas arquetas para as acometidas da rede de abastecemento de auga que contarán con tapas pavimentables, rematadas co mesmo formigón.

Ademais da pavimentación, prevese a instalación dun sistema de evacuación das pluviais, que actualmente provocan problemas de empozamentos en varios puntos.

Esta obra é continuación da que se fixo na Toxa o ano pasado e resalta o criterio deste equipo de goberno de obtar por este pavimento xa que é o que ten establecido como criterio de pavimentación das zonas de tráfico mixto en plataforma única, de maneira que se cambien os pavimentos antigos de asfalto e formigón en masa (previstos e percibidos como pavimentos para os vehículos) por un pavimento adaptado á preferencia peonil.

. As obras rematarán esta semana.

OFERTA DE EMPREGO PARA A VENDIMIA

Peons para a realización de tarefas de vendimia, preferiblemente con experiencia previa aínda que non é preciso. Buscamos peons para o corte do racimo e cargadores para o seu transporte.

A data de comezo será o día 10 de setembro, cunha temporalidade de, aproximadamente, 2 semanas, a xornada completa de Luns a Venres. Vamos a contar con varias localizacións, entre elas Vedra, Ulla e Meis.

Para saber máis condicións pregamos aos candidatos que se poñan en contacto con Randstad Santiago no teléfono 981 568 360, ou con Randstad Vigo no teléfono 986 223 317.

Asemade, temos a oferta de emprego publicada no noso portal web, ao cal se pode acceder dende o seguinte enlace: