CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NA AVENIDA DE VIGO PARA MA?ÁN MARTES.

CONCELLO DE PONTECESURES

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

 

Mañán  martes 7 de agosto procederáse a un corte no subministro de auga potable, debido a unha avaría na rede de abastecemento. A zona afectada polo corte será a seguinte:

  • Avenida de Vigo, dende a intersección coa Rúa Ullán ata a Praza de Pontevedra (na marxe dereita en dirección a Vigo).

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 8.30 ás 12.00 horas. Recomendase aos veciños destas zonas que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

NOTA INFORMATIVA DO CONCELLO DE PONTECESURES: RECORDATORIO DO SISTEMA DE RECICLAXE DE MOBLES E ENSERES DOM?STICOS, RESTOS DE PEQUENAS OBRAS E APARATOS EL?CTRICOS E ELECTR?NICOS.

Vense observando últimamente ??ver fotografías- que algúns veciños/as están a deixar indiscriminadamente todo tipo de restos de materiais domésticos a carón dos colectores de recollida de lixo (colchóns, mobles, aparatos eléctricos,?etc.), dando unha penosa imaxe do noso pobo. Ante esta situación recórdase a toda a veciñanza o sistema de recollida destos refugallos no noso pobo:

 

  1. ENSERES DOM?STICOS E MOBILIARIO: Hai que chamar previamente ao teléfono 639 107 638 (da empresa concesionaria da recollida do lixo FCC). Neste contacto indicarán o lugar donde debemos depositar os residuos, que será normalmente no espazo a carón dos colectores de lixo máis próximos, e tamén a data na que se levará a cabo a recollida (normalmente recomendan depositar estos materiais a noite anterior ao día da recollida). Este mes de agosto os días de recollida serán os martes 14 e 28.

 

  1. RESTOS DE PEQUENAS OBRAS DOM?STICAS E APARATOS EL?CTRICOS E ELECTR?NICOS: Estos recóllense a domicilio o 4º xoves de cada mes, para isto hai que chamar previamente ás oficinas centrais da Casa do Concello (986 557 125) para que tomen nota do nome do veciño/a, o enderezo e os materiais que hai que recoller. Este mes de agosto o día de recollida é o xoves 23.

CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NA AVENIDA DE VIGO E NA R?A JOS? NOVO N??EZ PARA O M?RCORES 1 DE AGOSTO.

CONCELLO DE PONTECESURES

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

O corte na rede de subministro de auga, para levar a cabo reparacións na rede de abastecemento, previsto inicialmente para o día de hoxe (31 de xullo) na zona da estrada N-550 finalmente será levado a cabo no día de mañán M?RCORES 1 DE AGOSTO.  

Este corte afectará as seguintes zonas:

  • Avenida de Vigo, dende a intersección coa Rúa Ullán ata a Casa do Concello.
  • Rúa José Novo Núñez, dende a Casa do Concello ata a intersección co Camiño de San Xulián.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 12.30 horas. Recomendase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

CORTE DE AUGA O MARTES 31 DE XULLO.

CONCELLO DE PONTECESURES

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada do martes 31de xullo procederáse a un corte na rede de subministro de auga, para levar a cabo reparacións na rede de abastecemento.

Este corte afectará as seguintes zonas:

  • Avenida de Vigo, dende a intersección coa Rúa Ullán ata a Casa do Concello.
  • Rúa José Novo Núñez, dende a Casa do Concello ata a intersección co Camiño de San Xulián.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 12.30 horas. Recomendase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.