CORTE DO SUBMINISTRO DE GAS EN PONTECESURES.

Por una avaría na rede de abastecemento de gas natural na zona portuaria de Pontecesures o subministro doméstico de gas quedará cortado en todo o pobo ata a subsanación da mesma. Esta avaría producíuse por un escape derivado dun pequeno golpe que un camión tivo coa caseta de rexistro da rede de gas (situada a carón da factoría de Nestlé). O escape xa está controlado e agora estase a proceder á reparación da avaría para restablecer o subministro o antes posible.

 

ATOPOUSE UN MEDALL?N EN PONTECESURES

Encontrouse un medallón dourado no centro do concello de Pontecesures, cunha foto dunha persoa no seu interior. A persoa que crea ser a sua propietaria deberá de dirixirse á policia local de Pontecesures en horario de oficina das 8 as 14 h.

(Nota: A imaxe que acompaña esta foto NON se corresponde coa do colgante atopado)