Animación musical da Festa do Churro o vindeiro luns 9 de xullo:
VERBENA GALEGA, cos grupos:
- O SONORO MAXÍN ás 21.00 horas.
- FESTICULTORES ás 22.30 horas.
| Concepto: |
Axudas urxentes de tipo social (AUXS) da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o pagamento da factura eléctrica ás persoas que teñan recoñecida a condición de consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social para asegurar o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica (IN414D)
| Requisitos: |
| Contía das axudas: |
Os gastos subvencionables serán o 50 % do importe das facturas que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e emitidas antes do 15 de decembro de 2018.
A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 250 ?/ano, ou de 400 ?/ano no caso de familias numerosas, que se irá pagando segundo a comercializadora remita as correspondentes facturas á Dirección Xeral de Enerxía e Minas.
| Solicitudes e Documentación: |
As solicitudes de axuda cubriranse a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal , ou ben desde a ligazón https://axudascortes-subministracion.xunta.gal.
Unha vez validada a solicitude e sempre e cando existan fondos dispoñibles, a aplicación informática reflectirá o estado de «Reservada», e disporán dun prazo máximo de cinco (5) días hábiles para a súa presentación. De non presentarse no referido prazo, cancelaranse na aplicación informática e anularase a reserva de fondos.
A persoa interesada poderá autorizar expresamente os empregados públicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria ou os/as traballadores/as sociais de referencia para a presentación electrónica da solicitude e da demais documentación que se debe achegar con ela.
Documentación:
| Prazo de Solicitude: |
O prazo de presentación de solicitudes dun mes estará aberto ata o 15 de decembro.
Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse á xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, á Dirección Xeral de Enerxía e Minas ou ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 13:30 horas, e martes e venres de 9 a 13:30 horas.
CAMPAMENTO DE VERÁN PONTECESURES 2018
Para nenos/as de 3 ata 12 anos.
No día de mañán -venres 29 de xuño- publicaremos as bases completas e formularios de inscrición para estos campamentos. Pero adiantamos a seguinte información para os interesados/as na 1ª quenda:
Tamén é posible a inscrición en varias quendas (ou mesmo para todo o verán) o día 2 de xullo no comezo do campamento.