Pontecesures conciencia sobre a situación das persoas refuxiadas a través da fotografía.

– O Concello acollerá a exposición ??No colo da esperanza?? entre o 29 de maio e o 10 de xuño como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

– As imaxes tiradas por Felipe Carnotto na ruta dos Balcáns protagonízanas nenas e nenos que foxen da guerra en Siria canda as suas familias.

O Concello de Pontecesures acollerá entre o 29 de maio e o 10 de xuño a exposición ??No colo da esperanza?? para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. A actividade encádranse no plan de sensibilización promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o municipio é socio.

A mostra foi realizada polo fotoxornalista Felipe Carnotto en 2015 na denominada ??ruta dos Balcáns?. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende poñer o foco nas inxustizas que están a acontecer para que milleiros de persoas abandonen os seus fogares e camiñen en ringleiras durante horas, cruzando países como Turquía, Macedonia ou Serbia na procura de refuxio, coa esperanza de vivir en paz.

A relación entre Felipe Carnotto e o Fondo Galego bota a andar en 2014, cando o fotógrafo gaña o concurso Imaxes con Fondo II, no que o premio era unha viaxe a Nicaragua para retratar a realidade do país e os proxectos alí apoiados. Como freelance, o fotoxornalista de orixe brasileira afincado en Vigo ten publicado en xornais como The Guardian, Der Spiegel, Financial Times, El País ou a revista Luzes. En 2017 fíxose co recoñecemento á Imaxe do Ano no prestixioso certame Estação Imagem e no mesmo ano acada o Galicia en Foco.

O Fondo Galego

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 94 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou en 2017 o seu vixésimo aniversario.

LIMPEZA DE FINCAS EN CUMPRIMENTO DA LEI DE PREVENCI?N E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.

En cumprimento coa Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, lémbrase ?S/ÁS PROPIETARIOS/AS QUE ESTÁN OBRIGADOS/AS a manter as súas parcelas, así como as vías e camiños, limpas de maleza e coa masa arbórea rareada.

Será obrigatorio para as persoas responsables xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, campings, gasolineiras e parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte e tamén ao redor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

Ademais, dentro desa franxa de protección de 50 metros NON poderán atoparse as especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei: piñeiros, eucaliptos, acacias, toxos, fentos, mimosas, xestas, carqueixa, piorno ou carrasca (queiruga).

Infórmase tamén que no Concello de Pontecesures existe unha Ordenanza reguladora da limpeza viaria e ornato público, onde o seu artigo 39 sinala que as sancións por incumprimento serán:

  • As que teñan as consideracións de leves, multa de ata 750 ?
  • As que teñan as consideracións de graves, multa de ata 1.500 ?
  • As que teñan as consideracións de moi graves, multa de ata 3.000 ?

Faise constar que no caso de que haxa calquera incidente por non cumprir esta normativa, os responsables serán os/as propietarios/as das parcelas.

No caso de alarma de incendio forestal débese chamar ao teléfono 085. Se a liña estivese ocupada pódese chamar ao teléfono 112. E para dar alarma de actividade incendiaria chamar á Garda Civil ao teléfono 062.