APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL.

Na xornada de mañán -venres 1 de xullo- comezará o servizo da Piscina Municipal para o verán de 2022.
O horario deste servizo será de 16.00 a 21.00 horas de luns a domingo.
ENTRADA GRATUITA.
PRAZO DE INFORMACIÓN PÚBLICA DA APROBACIÓN INICIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE PONTECESURES.

No D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) do 30 de xuño de 2022 saíu publicado o anuncio de información pública da aprobación inicial do Proxecto do PARQUE EMPRESARIAL DE PONTECESURES. Establecese un prazo de un mes a partir da publicación para esta información pública e para a presentación de alegacións.
INFORMACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL.

Encontrase a disposición da cidadanía na páxina web do Concello a información relativa ao Proxecto de Interés Autonómico (PIA) do parque empresarial de Pontecesures no seguinte enlace:
http://pontecesures.org/vercontenido.asp?ar=1&id=116&sec=7
Unha vez publicado no DOGA o anuncio de aprobación inicial do proxecto do parque empresarial, habilitarase o rexistro do Concello para trasladar as posibles alegacións que se presenten ao devandito proxecto por parte da veciñanza. Ditas alegacións poderán facerse a través da sede electrónica do Concello de Pontecesures ou ben físicamente non Rexistro Xeral do Concello.