NOTA: O PRAZO PARA REALIZAR AS MATRICULAS E DO 1 ? 15 DE XU?O (AMBOS INCLUIDOS) NO CONCELLO DE PONTECESURES
LISTADO PROVISIONAL DOS ALUMNOS/AS ADMITIDOS E EXCLUIDOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL NO CURSO 2018/19
Pinchando no enlace de abaixo accedese ó listado provisional.
Agora hai un prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións ou enmendar os defectos que motivaran a exclusión provisional. Dito prazo termina o 22 de maio.
A partir desa data publicarase a listaxe definitiva, para que as solicitudes que foron admitidas realicen a corresspondente matrícula no período que vai do 1 ó 15 de xuño (ambos inclusible).
O ALCALDE DE PONTECESURES NO CAMI?O PORTUGU?S.
Este pasado sábado -5 de maio- o Alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, recibeu unha delegación dos Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago que conmemoraba o 25 aniversario dende o primeiro Xabobeo 1993 ata a actualidade.
O rexedor acompañounos durante todo o tramo de Camiño Portugués que trascorre polo concello de Pontecesures acompañados por membros de Protección Civil de Pontecesures que foron os encargados tamén de sellar as credenciais peregrinas que portaba a comitiva.
O límite de concellos foi o punto onde o rexedor de Valga fixo entrega a Vidal Seage do bastón e a cuncha peregrina e o presidente da Asociación de Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago , Celestino Lores, impúxolle a insignia que conmemora o 25 aniversario de esta primeira peregrinaxe.
Durante o percorrido polo concello de Pontecesures, Vidal Seage veu a manifestar o pulo que está a experimentar esta variante do camino ó paso polo noso concello, onde se está a levar a cabo unha mellora da sinalización a fin de que os peregrinos que o desexen poidan escoller un desvio alternativo e disfrutar dos servicios e comercios do pobo. Cabe recordar que esta ruta do Camiño Portugués achega ó noso concello case 60.000 peregrinos ó ano, que sumados ós 7.000 da Variante Espiritual que sube ata Pontecesures polo río Ulla fai que este tipo de peregrinacións supoñan un importante impulso cultural e económico para Pontecesures.
Igualmente no monumento que conmemora ditas peregrinaxes , Fito Xacobeo, que se encontra no centro do casco urbán, como no Mirador do Pino Manso inmortalizaronse os membros da Asociación ante de camiñar cruzando a ponte interprovincial cara o veciño concello de Padrón onde Vidal Seage cedeu o bastón peregrino ó rexedor padrones Antonio Fernandez Angueira .









