No D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) do 30 de xuño de 2022 saíu publicado o anuncio de información pública da aprobación inicial do Proxecto do PARQUE EMPRESARIAL DE PONTECESURES. Establecese un prazo de un mes a partir da publicación para esta información pública e para a presentación de alegacións.
Encontrase a disposición da cidadanía na páxina web do Concello a información relativa ao Proxecto de Interés Autonómico (PIA) do parque empresarial de Pontecesures no seguinte enlace:
Unha vez publicado no DOGA o anuncio de aprobación inicial do proxecto do parque empresarial, habilitarase o rexistro do Concello para trasladar as posibles alegacións que se presenten ao devandito proxecto por parte da veciñanza. Ditas alegacións poderán facerse a través da sede electrónica do Concello de Pontecesures ou ben físicamente non Rexistro Xeral do Concello.
Prazo de solicitude do 27 de xuño ata o 19 de xullo.
Poderase presentar solicitude nos servizos sociais comunitarios deste Concello, pedindo cita previa nos teléfonos 986 564409 ou 986 557125 ou presentando a solicitude na web http://www.imserso.es