AVISO URXENTE: CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA.
SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS
AVISO URXENTE: CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA
Debido a unha avaría na rede de abastecemento de auga, sobrevida na mañán de hoxe -22/12/2017-, procederase a un corte no subministro de auga potable. As zonas afectadas son a Rúa Redondo, o barrio da Tarroeira e tamén pode verse afectado o centro urbán (Portarraxoi e San Lois).
Por parte do Servizo Municipal de Obras, intentarase solucionar esta deficiencia o antes posible, traballarase para resolver esta avaría na mañán de hoxe.
REPORTAXE AUDIOVISUAL DA XVIII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES.
No seguinte link accedese ao programa da TVG “Citius, Altius, Fortius” (programa nº 311 do 16/12/2017) onde sae a reportaxe da XVIII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES do 6 de decembro (a partir no minuto 18.21):
REPORTAXE XVIII CARREIRA POPULAR PONTECESURES
NOVOS MEDIOS PARA A ERRADICACI?N DA VESPA VELUTINA NO CONCELLO DE PONTECESURES.
No día de hoxe o Alcalde de Pontecesures e membros a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil recolleron na AXEGA (Axencia Galega de Emerxencias) – na Estrada – equipamento para a erradicación da vespa velutina. Este novo equipo consta dunha pértiga para acceder aos enxames e dunha bomba para a inxección a través da pértiga de produtos pesticidas.





