Este sábado 19 de agosto ás 20.00 horas na Capela de San Xulián levaráse a cabo o 4º concerto do ciclo M?SICA ENTRE N?S-PONTECESURES 2017 protagonizado polos compoñentes da Escola de música de Valga (Esmudeval), que con esta actividade finalizan este ciclo de 4 concertos en distintos lugares de Pontecesures (2 en xullo e 2 en agosto). Estes concertos están subvencionados pola Deputación de Pontevedra.
NOVA SINALIZACI?N DO CAMI?O DE SANTIAGO EN PONTECESURES.
O Concello de Pontecesures ven de instalar unha nova sinalización a carón do Camiño Portugués, polo que transitan milleiros de peregrinos que atravesan o noso pobo.
Baixo o lema ??Mesma distancia, máis servizos? os peregrinos que fagan o tramo do camiño portugués encontrarán indicacións ou desvíos alternativos que discorren polo casco urbano do pobo a fin de que poidan dispoñer, tal e como indican os paneis, de servizos como restaurantes, farmacia, comercio ou lugares de interés.
O Camiño Portugués atravesa Pontecesures de sur a norte ó longo de 3,8 Km e dende o concello tíñase constancia de que moitos dos peregrinos ignoraban que contaban con servizos adicionais. A colocación destos paneis informativos fai que con un recorrido semellante, os milleiros de peregrinos poidan disfrutar da riqueza etnográfica, paisaxística e dispor de servizos básicos sin que supoña incrementar a distancia que teñan que cubrir andando.
Paralelamente está previsto mellorar a sinalización indicativa da proximidade do albergue de Pontecesures, colocando paneis informativos coa distancia á que se encontra e posibilidade de descarga de mapas do pobo con código QR.
ESCOLA DE M?SICA MODERNA EN PONTECESURES.
O Concello de Pontecesures presenta a nova ESCOLA DE M?SICA MODERNA que dará comezo o vindeiro 1 de outubro de 2017.
Esta escola ofrece formación músical completa, clases individuais. Para tódalas idades. Profesores titulados nos distintos instrumentos (piano, acordeón, canto, guitarra española, guitarra eléctrica, batería, solfeo.
Así mesmo, para os maís pequenos/as M?SICA EN MOVEMENTO (nenos/as de 3 a 6 anos).
As ensinanzas desta escola son oficiais con programación de conservatorio.
Ofrécese a posibilidade de probar un mes sen compromiso.
TARIFAS:
ESCOLA DE M?SICA: 30 minutos de instrumento individual + 1 hora de solfeo en grupo:
- Matrícula gratuíta.
- 45 ?/mes empadroados/as no Concello de Pontecesures.
80 ? dous irmáns.
- 50 ?/mes non empadroados/as.
90 ? dous irmáns.
M?SICA EN MOVEMENTO: 3 a 6 anos:
- Matrícula gratuíta.
- 20 ?/mes empadroados no Concello de Pontecesures.
- 25 ?/mes non empadroados.
+ INFO. no teléfono 645 935 720
NOVA LI?A DE TRANSPORTE P?BLICO DE GALICIA PONTECESURES ?? A ESTRADA.
Nova liña de transporte público de Galicia PONTECESURES ?? A ESTRADA, por parte da empresa EXPRESS DE VEA, S.L. para o periodo 2017/2020. Servizo diario de luns a venres. A parada en Pontecesures será nas marquesinas ubicadas na N-550 na Avenida de Vigo a carón da farmacia.