ESCOLA DE M?SICA MODERNA EN PONTECESURES.
O Concello de Pontecesures presenta a nova ESCOLA DE M?SICA MODERNA que dará comezo o vindeiro 1 de outubro de 2017.
Esta escola ofrece formación músical completa, clases individuais. Para tódalas idades. Profesores titulados nos distintos instrumentos (piano, acordeón, canto, guitarra española, guitarra eléctrica, batería, solfeo.
Así mesmo, para os maís pequenos/as M?SICA EN MOVEMENTO (nenos/as de 3 a 6 anos).
As ensinanzas desta escola son oficiais con programación de conservatorio.
Ofrécese a posibilidade de probar un mes sen compromiso.
TARIFAS:
ESCOLA DE M?SICA: 30 minutos de instrumento individual + 1 hora de solfeo en grupo:
- Matrícula gratuíta.
- 45 ?/mes empadroados/as no Concello de Pontecesures.
80 ? dous irmáns.
- 50 ?/mes non empadroados/as.
90 ? dous irmáns.
M?SICA EN MOVEMENTO: 3 a 6 anos:
- Matrícula gratuíta.
- 20 ?/mes empadroados no Concello de Pontecesures.
- 25 ?/mes non empadroados.
+ INFO. no teléfono 645 935 720
NOVA LI?A DE TRANSPORTE P?BLICO DE GALICIA PONTECESURES ?? A ESTRADA.
Nova liña de transporte público de Galicia PONTECESURES ?? A ESTRADA, por parte da empresa EXPRESS DE VEA, S.L. para o periodo 2017/2020. Servizo diario de luns a venres. A parada en Pontecesures será nas marquesinas ubicadas na N-550 na Avenida de Vigo a carón da farmacia.
CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NA R?A DO RIAL E NO CAMI?O A CARREIRAS PARA A XORNADA DE MA?Á (M?RCORES 9 DE AGOSTO).
SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS DO CONCELLO DE PONTECESURES
AVISO
Mañán mércores 9 de agosto procederáse a un corte no subministro de auga potable, debido a avaría na rede de abastecemento. As zonas afectadas polo corte serán as seguintes:
- Rúa do Rial.
- Camiño a Carreiras.
O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 13.30 horas. Recomendase aos veciños/as destas zonas que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.
3º CONCERTO DO CICLO “M?SICA ENTRE N?S-PONTECESURES 2017”.
Mañán sábado 5 de agosto ás 20.00 horas na Plazuela levaráse a cabo o 3º concerto do ciclo M?SICA ENTRE N?S-PONTECESURES 2017 protagonizado polos compoñentes da Escola de música de Valga (Esmudeval), quenes farán un total de 4 concertos en distintos lugares de Pontecesures, logo dos 2 xa realizados en xullo e os 2 previstos en agosto (este é o primeiro deles). Estes concertos están subvencionados pola Deputación de Pontevedra.
AVISO: CORTE DUN CARRIL DE CIRCULACI?N NA R?A BOROB?.
Informase a tódolos/as veciños/as que nos vindeiros días, por motivos de reparación na rede de saneamento, vai estar cortado un dos carriles de circulación na Rúa Raimundo García Domínguez “Borobó” a carón do Pino Manso perto da intersección coa Rúa do Castro. Polo que se recomenda aos conductores usuarios desta rúa (tanto aos residentes como a veciños/as en xeral) que para evitar molestias buscen percorridos alternativos.





