Informase a tódolos/as veciños/as que nos vindeiros días, por motivos de reparación na rede de saneamento, vai estar cortado un dos carriles de circulación na Rúa Raimundo García Domínguez “Borobó” a carón do Pino Manso perto da intersección coa Rúa do Castro. Polo que se recomenda aos conductores usuarios desta rúa (tanto aos residentes como a veciños/as en xeral) que para evitar molestias buscen percorridos alternativos.
XORNADA DE DOAZ?N DE SANGUE EN PONTECESURES: LUNS 14 DE AGOSTO.
O Concello de Pontecesures colabora coa campaña solidaria
#súmatedoasangue
O Concello de Pontecesures e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e ?rganos (ADOS) impulsan de novo a participación nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.
O verán é a época de maior dificultade para a doazón de sangue. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas e, por iso, o Concello distribuirá unha carta informativa.
Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue:
PONTECESURES
LUNS 14 de AGOSTO
Unidade móbil de doazón de sangue na Plazuela (xunto á Igrexa)
10.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 horas
Pontecesures acadou 70 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2016 e cumpriu de xeito xeneroso a taxa de doazón recomendada pola Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes). O obxectivo é manter de novo esta participación solidaria durante o presente ano.
Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.
Neste verán os enfermos non toman vacacións
e moitas persoas dependen deste xesto solidario para recuperar a saúde
Precisamos 10 minutos da túa vida para salvar a doutros
AXUDAS Á ESCOLARIZACI?N, CURSO 2017/2018 DO CONCELLO DE PONTECESURES.
Destinatarios:
- Alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil.
- Alumnos/as de Educación Primaria.
- Alumnos/as de ESO.
Prazo de solicitude do 31 de agosto ata o 15 de setembro.
A continuacion pódense descargar as bases, o bando informativo e o impreso de solicitude desta convocatoria:




