No seguinte link accedese ao apartado da páxina web do Concello de Pontecesures donde se poden descargar as bases completas deste programa e tódolos anexos:
CAMPAMENTO DE VERÁN 2017 EN PONTECESURES.
Campamentos de verán organizados polo Concello de Pontecesures para nenos/as de 3 a 12 anos, dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto nas instalacións do CPI de Pontecesures.
4 quendas: 1-15 xullo, 16-31 xullo, 1-15 agosto e 16-31 agosto. A actividade do campamento será de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas.
Prezos:
- 25 ? nenos/as empadroados/as en Pontecesures.
- 40 ? nenos/as non empadroados/as.
- Descontos por 2 ou máis irmáns.
Prazos de solicitude:
- Para as quendas de xullo do 8 ata o 26 de xuño.
- Para as quendas de agosto do 1 ata o 23 de xullo.
- Posibilidade de anotarse en varias quendas (ou en todas).
Máis información e presentación de solicitudes nas oficinas centrais do Concello de Pontecesures.
Descarga das bases, formulario de inscrición e díptico informativo:
BASES CAMPAMENTO DE VERÁN 2017
RELACION DE ALUMNOS/AS PREINSCRITOS/AS NA EIM MUNICIPAL QUE TE?EN QUE MATRICULARSE ENTRE O 1 E O 15 DE XU?O.
Os alumnos/as que aparecen no seguinte listado teñen a praza da Gardería Municipal concedida, debendo de realizar a correspondente matrícula entre hoxe 1 de xuño, e ate o 15 deste mesmo mes.
Indicar que son todos/as os/as que renovaron a solicitude de praza para o seguinte curso, asi coma os/as que solicitaron praza no período aberto a tal fin (3 ó 17 de abril), así coma todos/as aqueles/as que solicitaron a reserva da praza ate o 31 de maio.




