AXUDAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA OS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

A Deputación de Pontevedra ven de aprobar 2 liñas de axuda para os Servizos Sociais do Concello de Pontecesures.

Ao abeiro do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais 2022, o ente provincial resolveu unha unha axuda de 13.521,00 € para gastos de persoal e de 14.160,00 € para o SAF (Servizo de Axuda no Fogar), en total 27.681,00 €.

Ao abeiro das Axudas Básicas de Emerxencia Social 2022, a concesión foi de 6.000,00 € para gasto corrente e de 3.300,00 € para investimento; facendo un total de 9.300,00 €.

MELLORAS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

O Concello de Pontecesures, logo das melloras que se levaron a cabo na pistas deportivas do peirao, ven de colocar novo equipamento deportivo para mellorar a calidade das instalacións e permitir o axeitado uso de ese espazo de lecer.

Instaláronse 2 porterías de fútbol, 2 canastas de baloncesto e completan a dotación de material 10 percheiros para os vestiarios do campo de fútbol municipal.

O importe total dos equipamentos foi de 6.515,78 €.

Dende o equipo de goberno agardamos que a veciñanza desfrute das melloras dotacionais de estas instalacións.

PUBLICADA NO BOP A CORRECCIÓN DE ERROS DO ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN E POSTERIOR CREACIÓN UNHA BOLSA DE EMPREGO DE UN/HA EDUCADOR/A FAMILIAR.

No día de hoxe saíu publicada, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, a corrección de erros da convocatoria para a selección de Educador/a Familiar. Tal e como establece esta corrección, o novo prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da mesma no BOP. Polo tanto, este prazo será dende o 21 de abril ata o 4 de maio.

 CORRECCIÓN ERROS CONVOCATORIA EDUCADOR/A FAMILIAR (BOP 20abril2022)