PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE 2017

A Deputación de Pontevedra  convoca os “ I Premios Provinciais á Xuventude“, dirixidos ás mozas e mozos da provincia de entre 16 e 35 anos. Os premios están dotados con 21.000 ?, repartidos entre sete categorías, e teñen como obxectivo promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de Pontevedra. O prazo de presentación dos traballos e estará aberto durante dous meses, ata o 4 de xuño.

No seguinte enlace pódense descargar as bases completas e formularios de solicitude:

I PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2017.

Infórmase á veciñanza que a Consellería de Política Social, abriu o prazo de presentación de solicitudes de praza nos Campamentos de Verán Específicos dirixido a persoas de 11 a 40 anos de idade cunha discapacidade unha porcentaxe igualou superior ao 33%.

Prazo e lugares de presentación de solicitudes ata o día 2 de maio nos servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, nos servizos sociais dos centros sanitarios ou nos servizos sociais comunitarios dos concellos. Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 13:30 horas, e os martes e venres de 9 a 13:30 horas.

BANDO campamentos discapacidade 2017

BASES campamentos discapacidade 2017

SOLICITUDE campamentos discapacidade 2017.

INFORME M?DICO campamentos discapacidade 2017.

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2017 DA XUNTA DE GALICIA (CAMPA?A DE VERÁN 2017).

 

Ao abeiro da Orde do 7 de abril de 2017 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 73 do 17/abril/2017) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa ??CAMPA?A DE VERÁN-2017? para rapaces/as de 9 a 17 anos e mozos/as de 18 a 30 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é ATA O 2 DE MAIO DE 2017, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.

Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/11217-campamentos-de-veran-2017