O CLUB NÁUTICO DE PONTECESURES GA?A UN ANO MÁIS O CAMPIONATO DE ESPA?A DE XOVES PROMESAS.
O Club Náutico de Pontecesures ven de gañar o Campionato de España de Xoves Promesas Infantil e Cadete celebrado este sábado día 1 de abril en Sevilla.
Con este resultado, o Náutico de Pontecesures consolídase como a mellor canteira do piragüismo nacional. Esto non é un resultado aislado xa que a entidade, no seu traballo de aposta pola captación e implicación dos máis pequenos para que disfruten deste fermoso deporte, xa gañou o ano pasado esta competición nacional, e leva anos estando no máis alto da clasificación na categoría de xoves promesas.
O Náutico Pontecesures, eríxese como o epicentro da comarca para a práctica do piragüismo, como así o demostra que cada ano son máis os nenos que demandan prazas para a escola de verán e así iniciarse e adestrarse para nun futuro formar parte do equipo de competición e representar ao clube por todo o territorio galego e nacional.
Parabens para todos os deportistas, persoal técnico e de apoio que se desprazou a localidade de Sevilla, para permitir a este gran equipo demostrar o seu pontencial a todo o piragüismo nacional.
CONVOCATORIA CURSOS CELGA 2017
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACI?N E ORDENACI?N UNIVERSITARIA.
RESOLUCI?N do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017.
DOG DO MARTES 04/04/2017
ENLACE:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170404/AnuncioG0164-290317-0001_gl.pdf
PRESTACI?N ECON?MICA DE PAGO ?NICO POR FILLA/O A CARGO MENOR DE 3 ANOS.
Prazo: Do 4 de abril ao 29 de maio.
Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10:30 a 13:30 horas, e martes e venres de 9 a 13:30 horas.
(TEL. 986 564 409, email: ssociais@pontecesures.org).





