8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CONCELLO DE PONTECESURES.

As Nacións Unidas comezan a celebrar o Día Internacional da Muller o 8 de Marzo de 1975. Esta data xurdiu das actividades dos movementos obreiros de finais do século XX en América do Norte e Europa. Dende entón, o Día Internacional da Muller adquiriu unha dimensión global en diversos países. O crecente movemento internacional das mulleres, fortalecido por catro conferencias mundiais das Nacións Unidas sobre a muller, axudou a que a súa conmemoración ofrecese a oportunidade de incrementar o apoio aos dereitos e á participación das mulleres nas esferas políticas e económicas.

Así, o Día Internacional da Muller pasou a ser un movemento de reflexión sobre os progresos acadados, un chamamento ao cambio; e, unha celebración dos actos de valor e determinación tomados por mulleres correntes que tiveron un papel relevante na historia dos seus países e comunidades.

Deste xeito, este recoñecemento  tamén debe facerse visible a nivel local, polo que o Concello de Pontecesures, baixo a mirada atenta da perspectiva de xénero, pretende seguir a afondar en dita temática, coa finalidade de que sexa entendida como unha oportunidade de mirar cara adiante e reflexionar sobre o potencial das futuras xeracións, alimentando o compromiso e a necesidade de unir folgos nesta loita pola igualdade a través da historia.

Concienciar, sensibilizar, cambiar, coeducar, etc. son accións prioritarias que deben estar presentes nas axendas das administracións locais, como entes de referencia e proximidade á propia cidadanía.

Baixo esta filosofía, o Concello Pontecesures, a través da iniciativa Tecendo un mundo, puxo o acento, neste 8 de Marzo, no traballo coa comunidade educativa; co obxectivo de seguir a avanzar na consecución da igualdade de oportunidades, do recoñecemento das aportacións feministas, así como da aceptación da diversidade.

Tecendo un mundo, foi unha forma de recordar que, a través de soños, ilusións, metas, propósitos, etc. cada unha das persoas, cada unha das mulleres, concreta un proxecto de vida. Sen embargo, a propia condición de ” ser muller”, está condicionada e marcada, en múltiples ocasións, por mandatos sociais e culturais que desdebuxan a realidade.

De forma creativa, esta metáfora estase a materializar no C.P.I de Pontecesures, a través da elaboración dun tapiz común, formado a través de teas de diversas cores, texturas e estampados, etc. que se entrelazan, para recoñecer que a unidade se forma a través do recoñecemento da pluralidade.

A Alcaldía

8 de marzo 2017

 

ELIXIDO O CARTEL DA XXII FESTA DA LAMPREA

Esta mañá reuniuse no salón de plenos do Concello o xurado nomeado para a elección do debuxo gañador entre os 17 carteis presentados, e que será a imaxe da XXII Festa da Lamprea neste 2017, o vindeiro 2 de abril.

Podemos ver todos os debuxos presentados tremendo no seguinte enlace:

A decisión do xurado farase pública proximamente, cando se presente o cartel da festa coa imaxe escollida hoxe; así coma faremos público tamén o nome do/da autor/autora quen recollerá seu premio.

Pinchando aquí na GALERIA poderedes ver as imáxenes participantes no concurso.

Dende o Concello de Pontecesures queremos agradecer o traballo dos 17 artistas que participaron no concurso, animando tamén a mais nenos/as a que o fagan en seguintes edicións.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL – RESERVA PRAZAS CURSO 2017/2018.

Informase ós/ás veciños/as que o prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal (Gardería) para a reserva de praza dos alumnos/as, e a solicitude de novas prazas de cara ó vindeiro curso escolar 2017/2018 (a partir do 1 de setembro) estará aberto do 1 ao 17 de abril.

A ElM ten un horario de 8 da mañá a 8 da tarde de luns a venres, tódolos meses do ano, excepto en agosto con xornada de mañá, e está situada na R/Avelino Pousa Antelo, en fronte do CPI “Infesta” e conta cunhas modernas instalacións e equipamentos, e o seu persoal proporciona aos nenos/as que acoden as atencións e coidados necesarios para promover o seu desenvolvemento harmónico e integral. Conta co Servizo de Comedor, no que os nenos e nenas teñen ao seu dispor unha dieta san e equilibrada, axeitada.

As solicitudes de reserva de praza para nenas e nenos que xa acoden á ElM presentaranse directamente na Escola Infantil Municipal onde se lle facilitará o impreso a tal fin.

As solicitudes de novas prazas para acceder á ElM entregaranse nas oficinas municipais do Concello de Pontecesures, tendo en conta que é requisito que os nenos/as teñan entre 3 meses e 3 anos de idade e que abonen as taxas que lles correspondan, tendo preferencia os/as domiciliados/as en Pontecesures.

Para máis Información e presentación de solicitudes de preinscrición para alumnos/as novos/as poden dirixirse a Oficina de Emprego deste Concello entre as 8 ás 14:30 horas.

+INFO e descarga de formularios de soliticude (reserva, preinscrición e matrícula) premendo AQUÍ.