INCIDENCIAS NA RECOLLIDA DE LIXO EN PONTECESURES NAS ?LTIMAS XORNADAS.

 

Dende o Equipo de Goberno Local de Pontecesures informase que as incidencias que se produciron nos últimos días no noso pobo en referencia a que varias zonas quedaron sen servizo de recollida de lixo foron debidas a motivos totalmente alleos ao noso concello.

A Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza xa informou, a petición do goberno local, dos motivos destas incidencias: A empresa concesionaria deste servizo (FCC) tivo avariado o vehículo asignado para realizar a recollida, e por non dispor nese momento de vehículo de substitución non foi posible levar a cabo o servizo.

Por parte do goberno local estase a xestionar este asunto coa Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza e agardase que nos vindeiros días o servizo volva á total normalidade.

 

Lingua de namorar 2017: Concurso da organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Lingua de namorar 2017

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Prazo de participación: Ata o 5 de marzo.

+ info.:

LINGUA DE NAMORAR 2017