ACTUACI?NS PARA SUBSANAR OS DANOS OCASIONADOS POLO TEMPORAL EN PONTECESURES.

Nestes momentos persoal do Concello de Pontecesures está a traballar para resolver os danos ocasionados polo forte temporal de vento e choiva das últimas xornadas. As actuacións que se están a levar a cabo no día de hoxe son as seguintes:

  • Desatranco na rede de saneamento nas rúas Redondo, Avenida dos Namorados e Praza de Pontevedra.
  • Reposición de subministro eléctrico na Rúa do Cantillo (por parte de persoal de Unión Fenosa Distribución).
  • Retirada de árbores caídas e obstáculos na vía pública.

Ante calquer outra deficiencia ou dano que precise de intervención, informase aos veciños/as que poden dar aviso da mesma no seguinte teléfono das oficinas municipais: 986 557 125

ENTROIDO 2017 PONTECESURES

O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o Domingo 26 de febreiro de 2017.

As 17 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h. O Desfile de Entroido, pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela. O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes. O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.

Bases

1.- As inscricións de grupos e comparsas poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 24 de febreiro nas Oficinas do Concello. Tamén poderán  formalizarse as inscricións o mesmo día do concurso para individuais e parellas, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición.

2.- Como condición indispensable, todos os participantes no concurso deberán desfilar no pasarrúas.

3.- Os inscritos só poderán participar nunha categoría e só terán opción a un premio.

4.- Todos os inscritos aceptan as condicións establecidas nas presentes bases.

5.- Establécense catro categorías principais:

  • Infantil. Parellas e individuais de 0 a 14 anos.
  • Adulto. Parellas e individuais de 15 anos en diante.
  • Grupos. De tres a nove persoas integrantes de calquera idade.
  • Comparsas: 10 ou mais integrantes de calquera idade.

6.- Os disfraces gañadores de anos pasados non poderán volver a competir.

7.- A entrega de premios farase na Plazuela ao remate do desfile. Os que resulten gañadores do concurso deberán recoller eles mesmos o premio ataviados co disfraz que lles valeu o devandito premio, e no momento da entrega un adulto que se identificará cun DNI orixinal os acompañará para firmar o recibín correspondente. O fallo do xurado será inapelable e poderá declarar premios desertos se o considera oportuno.

8.- A participación no desfile e concurso supón a aceptación destas bases.

9.- En caso de choiva o Desfile e Concurso de Entroido quedará suspendido.

O Fondo Galego combate a vaga de frío que afecta ás persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns.

– A asociación de concellos e deputacións achega 10.000 euros a Acnur para dotar de roupa, mantas e estufas ás e aos solicitantes de asilo en centros de Serbia

– Calquera persoa ou entidade pode contribuír coas súas doazóns a través da conta de emerxencia aberta polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

 

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2017. As persoas refuxiadas que seguen a ruta dos Balcáns levan semanas soportando temperaturas baixo cero a causa da vaga de frío siberiano en Europa. Ante esta situación, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de achegar 10.000 euros ao Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur), que dotará así de artigos coma roupa, mantas e estufas ás e aos solicitantes de asilo en centros de acollida de Serbia, en coordinación co goberno do país e cos seus parceiros locais.

As deputacións e concellos socios do Fondo Galego contribúen deste xeito a paliar as duras condicións de vida das persoas refuxiadas. No entanto, as distintas administracións locais poden sumar a esta doazón a súa propia achega específica a través da conta ES78 2080 0559 2630 4000 4276 de Abanca, indicando como concepto a palabra ??refuxiados?. Esta conta de emerxencia está dispoñible tamén para persoas individuais, grupos ou calquera tipo de entidade que desexe canalizar así a súa solidariedade coas e cos afectados.

Calquera contía, por pequena que sexa, resulta valiosa ao engadirse ao conxunto. No entanto, o Fondo Galego de Cooperación é consciente de que este tipo de axudas non son a solución, que debe chegar desde as altas instancias políticas. Así o esixía hai un ano con declaracións institucionis nas que reclamaba substituír as medidas restritivas por accións que atallen as causas do problema, en cuxo cerne están os intereses xeopolíticos dos países máis poderosos, ao tempo que chamaba rexeitar os movementos xenófobos.

Co empeoramento das condicións climatolóxicas, o número de solicitudes de asilo en Serbia non deixa de aumentar. Trátase principalmente de persoas afgás, iraquís e sirias que foxen dos conflitos nos seus lugares de orixe á procura dunha vida mellor. A maioría áchanse en aloxamentos improvisados que están ao límite da súa capacidade e onde deben agardar arredor de medio ano para poder cruzar a fronteira.

Por outra parte, Acnur está a acondicionar un refuxio temporal para aloxar a quen se achan malvivindo nas rúas de Belgrado, cidade na que ademais se está a levar a cabo a identificación de centos de menores non acompañados para proporcionarlles asistencia especializada. Ás mortes no Mediterráneo, súmanse no que vai de 2017 cando menos outros cinco falecementos por hipotermia de refuxiados que se adentran a pé na ruta dos Balcáns.

Estes e outros datos serán ofrecidos pola persoa representante de Acnur que, dentro duns meses, visitará Galicia para render contas dos investimentos executados co diñeiro canalizado a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Mentres tanto, a cidadanía pode seguir informada do que está a acontencer na zona a través da web e das redes sociais de ambas as dúas entidades, así como das tarefas que se están a levar a cabo perante a situación de emerxencia.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está formado por 88 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.