CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NAS R?AS REDONDO E TARROEIRA PARA O MARTES 24 DE XANEIRO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada do martes 24 de xaneiro procederáse a un corte no subministro de auga potable, para levar a cabo reparacións na rede de abastecemento. As zonas afectadas polo corte serán as seguintes:

  • Rúas: Redondo e Tarroeira (marxe dereito dirección Pontevedra) e Avenida de Arousa.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 14.00 horas. Recomendase aos veciños destas zonas que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

A DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA AMPLÍA A SUBVENCI?N PARA O SAF (SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR) AO CONCELLO DE PONTECESURES EN 4.000 EUROS.

A Deputación de Pontevedra ven de ampliar a subvención do ano 2016 ao Concello de Pontecesures para o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) cun importe de 4.000 ?. A subvención que inicialmente tiña o concello para este servizo era de 14.160 ? que agora se ve incrementada con esta nova aportación do ente provincial.

Esta medida afecta a 30 concellos da provincia de Pontevedra, supoñendo unha ampliación total de 160.000 ?.

No seguinte enlace web pódese ver a nova completa, coa ampliación correspondente a tódolos concellos, publicada na web da Deputación de Pontevedra:

A Deputación amplía ata preto de 1,4 millóns de euros o Servizo de Axuda no Fogar