O delegado territorial da Xunta en Pontevedra realizou unha visita institucional a estes concellos con motivo do seu nomeamento.
Enlace á web da Xunta de Galicia coa nova completa, premer aquí.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra realizou unha visita institucional a estes concellos con motivo do seu nomeamento.
Enlace á web da Xunta de Galicia coa nova completa, premer aquí.
Descarga do programa completo do Nadal 2016 en Pontecesures.
25 de Novembro
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
O concello de Pontecesures súmase, un ano máis, xunto aos estados, rexións e entidades locais de todo o mundo, a Conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero; co fin de manifestar o máis enerxético rexeitamento ante calquera tipo de violencia machista, e, así mesmo, renovar o seu compromiso de colaborar e impulsar accións cuxo fin sexa a erradicación da gran lacra social que supón a violencia exercida contra as mulleres, nenas e nenos.
Este tipo de violencia é unha das vulneracións máis graves dos Dereitos Humanos. Nunha sociedade legalmente igualitaria, cun marco xurídico que nos sitúa na vangarda dos países da contorna, as cifras de morte e agresións contra as mulleres, nenas e nenos, seguen sendo abafadoras e, ano tras ano, indican que hoxe, máis que nunca, é preciso incrementar os esforzos e erradicar aquelas actitudes e comportamentos cotiás que perpetúan a desigualdade e que fundamentan a orixe da violencia machista.
A superación deste tipo de manifestacións é moi complexa; pero somos conscientes que se inicia atallando as desigualdades históricas entre homes e mulleres, abordándoas dende un compromiso real, coa implementación de medidas integrais e eficaces que se traducen en políticas preventivas e de intervención dende idades temperás.
Un exemplo deste traballo é a implicación do alumnado do CPI de Pontecesures na campaña “Vacínate contra a violencia machista. ? contaxioso”. Onde a través das súas mans, en este punto lila que estades a ver, representaron o seu desexo de participar na construción dunha sociedade libre e igualitaria.
Mans grandes, pequenas, abertas e pechadas; mans de moitas cores que, recoñecendo a diversidade, se suman hoxe a moitas outras, co fin de unirse para manifestar unha actitude NON pasiva e de condea social ante calquera tipo de violencias de xénero.
Ademais, a experiencia confirma que canto máis preto estean a administración e a cidadanía, máis eficaces son as medidas de sensibilización, de educación, e/ou de detección precoz, e máis eficaz a resposta de urxencia e o seguimento dos servizos. En suma, mellores resultados se obteñen na loita contra a violencia de xénero.
Conscientes disto, dende as diferentes administracións locais, fóronse implementando normas e plans con medidas específicas que favorecen a igualdade de oportunidades, introducindo, na maioría de casos, a igualdade de xénero como paradigma de progreso.
Sen embargo, a pesar do avance, é preciso seguir traballando. Por iso, o Concello de Pontecesures, comprométese: