No día de hoxe saíu publicado, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, o anuncio da convocatoria para a selección de Educador/a Familiar. Tal e como establecen as bases desta convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación no BOP. Polo tanto, este prazo será dende o 31 de marzo ata o 13 de abril.
BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN E POSTERIOR CREACIÓN UNHA BOLSA DE EMPREGO DE UN/HA EDUCADOR/A FAMILIAR COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A DE CARÁCTER NON ESTRUTURAL POR PROGRAMAS.
As bases desta convocatoria (inluídos os anexos para a solicitude de participación no proceso selectivo), aprobadas con data do 21/03/2022, están a disposición dos/as interesados/as no taboeiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Pontecesures:
https://pontecesures.sedelectronica.gal/
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de aprobación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Este anuncio aínda non foi publicado, informarase tamén por este medio da data de publicación e do comezo do prazo de solicitudes.
ACTIVIDADES DO 8M: FORMACIÓN MASTERCLASS EN FEMENINO PARA O 15 E 22 DE MARZO.

As masterclass nos días 15 e 22 de marzo, serán impartidas por expertas en psicoloxía, sexoloxía e igualdade e a elas poderá asistir toda a poboación que o desexe ata completar aforo (inscricións e máis info en infoigualdade@gmail.com e no telf.. 622 098 721).
BANDO INSCRICION ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DE PONTECESURES PARA O CURSO 2022/23.
MAIS INFORMACION E DESCARGA DE IMPRESOS EN: http://www.pontecesures.org/vercontenido.asp?ar=1&id=96&sec=7

ACTIVIDADES DO 8M -DÍA INTERNACIONAL DA MULLER- EN PONTECESURES.

Ao longo do mes de marzo e con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontecesures, levará a cabo unha serie de actividades destinadas a poñer de relevo o inestimable valor da muller no desenvolvemento e progreso da humanidade e a loita pola igualdade real de oportunidades para as mulleres.
As actividades comezarán coa constitución da Mesa Local da Igualdade o día 7 de marzo á que asistirán representantes de diferentes órganos de participación cidadá do concello.
O día 8 de marzo procederase á lectura pública do Manifesto destinado a amosar o compromiso de esta Administración de defender e aplicar o principio de igualdade de dereitos e responsabilidades entre mulleres e homes.
Aos actos institucionais súmase unha oferta formativa destinada, por unha banda, a reflexionar sobre os piares que forman a sexualidade, as súas dimensións e o impacto que teñen na autoestima desde unha perspectiva de xénero e, por outra, a coñecer máis en profundidade as vidas de dúas mulleres que foron invisibilizadas na historia e se converteron en referentes do empoderamento femenino.
As masterclass, que se celebrarán os días 15 e 22 de marzo, serán impartidas por expertas en psicoloxía, sexoloxía e igualdade e a elas poderá asistir toda a poboación que o desexe ata completar aforo (inscricións e máis info en infoigualdade@gmail.com e no telf.. 622 098 721).
CAMPAMENTOS DE VERÁN DEPO AVENTURA A LANZADA 2022 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

Dirixido a nenos/as nados entre os anos 2009 e 2014.
Prazo de solicitude ata o 15 de marzo.