XVII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES.
Xoves 8 de decembro de 2016
Praza do Coche de Pedra (Pontecesures)
A partir das 11:30 horas
- Camiseta para os 200 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares.
- Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da xeral (4 km aprox.) (premios NON acumulativos).
- Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás na categoría pitufo onde non haberá clasificación (entregarase medalla a todos os participantes).
- Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.
EXPOSICI?N P?BLICA DA VARIANTE DA N-550 EN PONTECESURES E VALGA (ALTERNATIVA 4).
Por Resolución do Ministerio de Fomento aprobouse provisionalmente e sométese a información pública O ESTUDO INFORMATIVO E O ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL: N-550, Tramo: Variante de Pontecesures e Valga. Clave: EI2-PO-23. Provincia de Pontevedra.
Por tal motivo, pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia procedeuse a incoar o expediente de información pública publicándose o correspondente Anuncio no Boletín Oficial do Estado de data 19 de outubro de 2016.
En consecuencia, a exposición pública que será de trinta días hábiles rematará o día 1 de decembro de 2016 (incluído este).
Infórmase por tanto a todos/as os/asinteresados/as que no taboleiro instalado na Casa do Concello, atópase exposto o citado Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, a Resolución da DirecciónXeral de Estradas do Ministerio de Fomento, unha memoria e planos en papel do estudo informativo. Na devandita documentación o Ministerio de Fomento recomenda como solución más favorable a ALTERNATIVA 4,que é a que figura exposta.
ACTIVIDADE DE YARN BOMBING “TECENDO POLO CAMBIO”.
@s participantes aprenderán a calcetar. Reflexionaráse sobre cooperación e igualdade de xénero e tecerán unha peza conxunta de calceta coa que cubrirán un elemento de Pontecesures (monumento, mobiliario urbano, etc…) –YARN BOMBING–
Esta actividade levaráse a cabo os venres 18 e 25 de novembro e 2 de decembro en horario de 18.00 a 20.00 horas.
Lugar: Aula do semisoto da Casa do Concello.
Prazas: 15 por rigoroso orde de inscrición.
Prazo de inscrición: Ata o mércores 16 de novembro no concello.
Acto de YARN BOMBING: Venres 9 de decembro.




