REORDENACI?N DO TRÁFICO NA R?A DO SOUTO.
Como novidade, a circulación de vehículos dende a Praza do Souto ata a Rúa da Deputación será de sentido único.
PROGRAMA DE EDUCACI?N PARA PERSOAS ADULTAS EN PONTECESURES.
PROGRAMA DE EDUCACI?N PARA PERSOAS ADULTAS do Concello de Pontecesures: Programa de formación educativa gratuíto.
1.- Clases presenciais e gratuítas para a obtención do título de graduado en educación secundaria –GRADUADO ESO– para maiores de 18 anos, por cursos ou ben accedendo ás probas libres nas dúas convocatorias (maio e setembro) podendo obter a titulación nun só día mediante exames tipo test.
2.- Clases presenciais e gratuítas para a preparación para o acceso a CICLO MEDIO, con exames nun só día en formato tipo test.
Para as persoas adultas, este título é un obxectivo importante dende o punto de vista de conseguir un emprego. Entre outras cousas, é condición indispensable para acceder a postos de traballo convocados polas administracións públicas e empresas privadas.
Estas probas son convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O Programa de Educación de Adult@s do Concello de Pontecesures está en coordinación cos centros de ensinanza a distancia.
O horario é de luns a xoves de 18.30 h. a 21.30 h. (o horario pódese modificar dependendo das circunstancias do alumnado).
A impartición das clases será no colexio CPI de Pontecesures.
Para máis información acudir á AULA DE EDUCACI?N DE PERSOAS ALDULTAS no CPI de Pontecesures, na Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 2 (edificio principal, 2º andar ??acceso polas escaleiras exteriores-) en horario de 19.00 a 20.00 horas.
ACTIVIDADES PARA NEN@S PARA O CURSO 2016/17.
- ALMORZOS DIVERTIDOS: De luns a venres de 8.00 a 9.30 no Anexo ao Pavillón Municipal.
- PITUFO INVERNO: De luns a venres de 15.00 a 17.00 no Anexo ao Pavillón Municipal.
- CANTAXOGOS: Os luns de 17.30 a 18.30 no Anexo ao Pavillón Municipal.
- PINTURA: Os martes de 17.30 a 18.30 no Centro Xuvenil (local pequeno).
- ALOHA: Os martes de 17.30 a 19.30 no Centro Xuvenil (local grande).
- ZUMBAPITUFO: Os mércores de 17.30 a18.30 no Anexo ao Pavillón Municipal.
- YUDO: Os mércores de 18.30 a 19.30 no Centro Xuvenil (local pequeno).
- MANUALIDADES: Os xoves de 16.30 a 17.30 no Centro Xuvenil (local pequeno).
ANUNCIO:
CHARLA INFORMATIVA SOBRA A ACTIVIDADE “ALOHA” O VENRES 30 DE SETEMBRO ÁS 19.00 HORAS NO LOCAL ANEXO AO PAVILL?N DE DEPORTES.







