OFERTA DE EMPREGO VENDIMIA 2016.
EIRA ENXE?ERÍA E CONSULTORÍA AGROALIMENTARIA, S.L. contrata a 70 vendimiadores para a vendimia 2016 nunha explotación situada en Vedra ?? A Coruña.
Duración aproximada da vendimia 8 días.
Data prevista de comezo: 15 setembro aproximadamente.
Salario: Entre 4-6 ?/hora traballada en función dos kilos vendimiados (de 250-400 kg persona e día).
Documentos necesarios para a contratación: Copia do DNI (enviar copia por whatsapp ao móvil 652 993 032 ou ao correo electrónico jcspenas@gmail.com).
FESTIVAL ROCK: PONTECESURES 2016.
Actividade enmarcada dentro do PROGRAMA CULTURA NO CAMI?O 2016, cofinanciado pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Concello de Pontecesures:
27 de agosto (sábado) ás 22.00 horas no peirao (a carón da Praza de Abastos), FESTIVAL ROCK, 2 grupos:
FOXY FREIRE, gañadores nos Premios Martín Códax da Música 2016.
MARTELO, finalistas nos Premios Martín Códax da Música 2016.
SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA PORTA A PORTA DE APARELLOS ELECTR?NICOS E ESCOMBROS DE PEQUENAS OBRAS DOM?STICAS.
Infórmase que o Concello de Pontecesures ven de asinar u convenio de colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza para a execución compartida do servizo de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e escombros de pequeñas obras domésticas.
A recollida efectuarase sempre o 1º xoves de cada mes. Calquer veciño que desexe que pasen polo seu domicilio a recoller ou ben RAEE ou escombros domésticos (pequenas cantidades de obras domésticas) deberá chamar ás oficinas municipais do concello ao teléfono 986 557 125 e indicar os seus datos (nome, DNI, dirección de recollida e tipo de residuos (RAEE ou escombros)). Posteriormente, cada primeiro xoves de mes, pasarán operarios do servizo de recollida para proceder á retirada dos devanditos residuos dos domicilios que o soliciten.
Así mesmo, recordase que os RAEE non poden ser depositados na rúa.
O SERVIZO COMEZARÁ A FUNCIONAR REGULARMENTE O XOVES 1 DE SETEMBRO, PERO, FARÁSE UNHA PRIMEIRA RECOLLIDA PARA PO?ER EN MARCHA ESTE SERVIZO O XOVES 25 DE AGOSTO.
CONTACONTOS EN PONTECESURES: ??CONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS?, BASEADA NO OBRA DE XOS? NEIRA VILAS.
Esta actividade está enmarcada no Programa ??Culturea, cultura e língua no verán? da Xunta de Galicia.
As historias orais que durante xeracións se transmitiron de pais a fillos nos cinco continentes e que o escritor galego Xosé Neira Vilas recompilou maxistralmente no seu Contos vellos para rapaces novos, volven á súa concepción inicial. Durante as próximas semanas chegarán en forma de contacontos a todos os recunchos da xeografía galega para que grandes e pequenos poidan gozar das marabillosas historias adaptadas polo autor de Memorias dun neno labrego.
En Pontecesures: Xoves 25 de agosto ás 12.00 horas na Plazuela (en caso de choiva realizarase no Centro Social).