Ao abeiro da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia ten previsto iniciar un PROCESO DE REESTRUTURACI?N PARCELARIA no Concello de Pontecesures, esta reestruturación so afecta ao lugar de Grobas-Fenteira.
Antes do inicio deste proceso a Consellería de Medio Rural quere contar coa conformidade dos propietarios, e para iso todos os interesados que teñan propiedades no devandito lugar e que teñan interese neste proceso de reestruturación parcelaria poden presentar por escrito esta conformidade nas oficinas do Concello de Pontecesures, tendo á súa disposición o modelo de formulario a presentar nas propias oficinas municipais.
Recórdase que para que se leve a cabo este proceso necesítase, cando menos, a conformidade do 70% dos propietarios.


![IMG_20160805_100909[1]](http://www.pontecesures.net/wp-content/uploads/2016/08/IMG_20160805_1009091.jpg)
![IMG_20160805_110932[2]](http://www.pontecesures.net/wp-content/uploads/2016/08/IMG_20160805_1109322.jpg)

