ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2016/2017 CONCELLO DE PONTECESURES.

MOVETE CON NOS carteles CESURES (1)

PATARRUXO

ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2016/2017 CONCELLO DE PONTECESURES

 

XIMNASIA DE MANTEMENTO (setembro 2016 a xuño 2017):

Luns, mércores e venres de 9.30 a 10.30 horas. no Pavillón Polideportivo.

PILATES (setembro 2016 a xuño 2017):

Martes e xoves de 9.30 a 10.30 e de 20.30 a 21.30 horas no local anexo ao Pavillón Polideportivo.

TRX (ADESTRAMENTO EN SUSPENSI?N) (setembro 2016 a xuño 2017):

Martes e xoves de 20.00 a 20.30 horas no local anexo ao Pavillón Polideportivo.

AFS (ADESTRAMENTO FUNCIONAL EN SUSPENSI?N) (setembro 2016 a xuño 2017):

Luns e mércores de 9.30 a 10.30 e de 20.30 a 21.30 horas no local anexo ao Pavillón Polideportivo.

XIMNASIA DE MANTEMENTO (xullo e agosto 2016):

Luns, mércores e venres de 9.30 a 10.30 horas. no Pavillón Polideportivo.

PILATES (xullo e agosto 2016):

Martes e xoves  de 20.30 a 21.30 horas no local anexo ao Pavillón Polideportivo.

Contacto para información e inscrición:

PATARRUXO LECER E TEMPO LIBRE S.L. tlf. 686 034 886 / 659 326 307

info@patarruxo.es


BODY JUMP, RECHARGE, TRX, PERFECT BODY:

Luns e mércores de 21.30 a 22.30 horas no Ximnasio do CPI de Infesta.

ZUMBA E AEROBIC:

Martes de xoves de 20.00 a 22.00 horas (2 quendas) no Ximnasio do CPI de Infesta.

Contacto para información e inscrición:

M?VETE CON N?S S.L. tlf. 693 409 241 / 659 447 995

info@moveteconnos.es


Tamén é posible a inscrición no Concello de Pontecesures, no tlf. 986 564 410 (de 9.00 a 14.00 horas).

 

CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS PARA REHABILITACI?N DE VIVENDAS NO CAMI?O DE SANTIAGO.

BANDO AXUDAS ARI CAMI?OS DE SANTIAGO 2016

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia publicou no DOG nº  246 de data 28/12/2015, a Orde do 22 de decembro de 2015 pala que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitacións de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración urbanas 2013-2016.

Por tal motivo e dado que este concello atópase na área de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago, o vindeiro día 6 de xuño, ás 17.00 horas, celebrarase unha charla informativa no Salón de Sesións da Casa do Concello impartida por un técnico do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

En consecuencia, convócase a todos/as os/as veciños/as interesados/as en asistir á devandita charla na que se informará aos asistentes sobre o ámbito e os requisitos das actuacións, as actuacións subvencionables, as persoas que poden ser beneficiarias das axudas, o procedemento e prazos para presentar as solicitudes e a contía máxima das axudas.

Bando informativo da charla do 6 de xuño.