RESERVA DE PRAZA E PREINSCRICI?N NA EIM CURSO 2016/2017: NOTA INFORMATIVA.

EIM

SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA E INSCRICI?N DE NOVOS/AS ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2016/2017

Tendo en conta o seguinte:

  • Renovaron praza 32 alumnos/as xa matriculados/as: 31 solicitaron turno completo ou de mañá e 1 solicitou o turno de tarde. Polo tanto, quedaron libres 25 das 56 prazas para o turno de mañá/completo.
  • Houbo 23 solicitudes de novas incorporacións.

COMUNÍCASE:

1. As 23 novas solicitudes teñen praza concedida para o curso 2016/2017.

2. A matrícula dos 55 alumnos/as efectuarase dende o 1 ata o 15 de xuño, segundo establece a              ordenanza.

3. Prorrógase o prazo de preinscrición da reserva de praza, ate que se cubran as 2 vacantes, por rigoroso orde de rexistro de entrada no concello da documentación.

CAMPA?A DE VERÁN 2016: CAMPAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA.

ACCION DE VERAN 2016

Que ao abeiro da Orde do 1 de abril de 2016 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 67 do 08/abril/2016) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa ??CAMPA?A DE VERÁN-2016? para rapaces/as de 9 a 17 anos e mozos/as de 18 a 30 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é ATA O 22 DE ABRIL, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.

Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

CAMPA?A DE VERÁN 2016

VOLCA O REMOLQUE DE EMBARCACI?NS DO CLUBE NA?TICO DE PONTECESURES AO SEU REGRESO DE TRASONA NESTA FIN DE SEMANA, AFORTUNADAMENTE SEN NENG?N DANO PERSOAL.

A mala sorte volve a cebarse unha vez máis co Clube Naútico de Pontecesures. Se fai poucas semanas, cando voltaban á Pontecesures procedentes dunha regata en Verducido (Pontevedra), se desprendeu unha embarcación do remolque cando circulaban por carretera, quedando esta totalmente inservible; nesta fin de semana a incidencia foi máis grave.

Na xornada de onte ao seu regreso dunha regata en Trasona (Asturias), e logo de que as últimas probas da mesma foran suspendidas por temporal de vento e choiva, xa circulando pola autovía o remolque dou dous fortes bandazos debido ao vento, por este motivo todo o grupo decidíu parar e aproveitar para xantar. Unha vez reemprendido o regreso decidiron facer o resto da viaxe por carretera, para evitar o vento nos viaductos da autovía, e a unha velocidade moi moderada, pero en Mondoñedo aproximadamente ás 18.30 horas entrando moi despacio nunha rotonda e ao cambiar o sentido da marcha unha forte racha de vento empuxou o remolque e provocou que volcase, afortunadamente a pouca velocidade. O máis importante e que non se producíu nengún dano persoal nos membros do clube. Nembargantes, o remolque quedou inservible e está aínda por ver o estado das embarcacións que ían nas súas fundas e que foron recollidas e gardadas no Clube de Piragüismo de Foz, ata que se volvan a traer para Pontecesures non se poderá evaluar o estado das mesmas. Agradecer ao clube de Foz a súa axuda e amabilidade neste trance.

VUELCO REMOLQUE CNP 2

VUELCO REMOLQUE CNP 3