ENTROIDO 2016 PONTECESURES.

CARTEL entroido 2016web

O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o Domingo 7 de febreiro de 2016.

As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h. O Desfile de Entroido, pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela. O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes. O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.

Bases

 1.- As inscricións de grupos/comparsas poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 5 de febreiro nas Oficinas do Concello (986 564 410 / 986 564 403  / e-mail: xuventude@pontecesures.org ). No caso das categorías individual e parellas tamén poderán  formalizarse as inscricións o mesmo día do concurso, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición. NO CASO DE INSCRICI?NS QUE NON SE FAGAN DIRECTAMENTE NAS OFICINAS DO CONCELLO: DESCARGAR O FORMULARIO DE INSCRICI?N, CUBRILO E LOGO DE ASINALO E ENVIALO POR CORREO ELECTR?NICO (recomendase confirmar a inscrición por teléfono).

 2.- Como condición indispensable, todos os participantes no concurso deberán desfilar no pasarrúas.

3.- Os inscritos só poderán participar nunha categoría e só terán opción a un premio.

4.- Todos os inscritos aceptan as condicións establecidas nas presentes bases.

5.- Establécense tres categorías principais:

  • Infantil. Parellas e individuais de 0 a 14 anos.
  • Adulto. Parellas e individuais de 15 anos en diante.
  • Grupos. Tres ou máis persoas de calquera idade.

6.- Os disfraces gañadores de anos pasados non poderán volver a competir.

7.- A entrega de premios farase na Plazuela ao remate do desfile. Os que resulten gañadores do concurso deberán recoller eles mesmos o premio ataviados co disfraz que lles valeu o devandito premio, e no momento da entrega un adulto que se identificará cun DNI orixinal os acompañará para firmar o recibín correspondente. O fallo do xurado será inapelable e poderá declarar premios desertos se o considera oportuno.

8.- A participación no desfile e concurso supón a aceptación destas bases.

9.- En caso de choiva o Desfile e Concurso de Entroido trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes.

Formulario de inscrición ENTROIDO 2016 PONTECESURES

Premios ENTROIDO 2016 PONTECESURES

AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA PARA REHABILITACI?N DE VIVENDAS NO CAMI?O DE SANTIAGO.

Ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2015 (publicada no Diario Oficial do Galicia nº 246 do 28/12/2015) da Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia abrese o prazo para solicitar axudas para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago. No Concello de Pontecesures afecta no trazado do Camiño Portugués.

As axudas poden chegar ata un máximo do 35% do orzamento total das obras cun importe total máximo de axudas de 11.000 ?.

O prazo ábrese a partir do 29 de decembro de 2015.

Máis información destas axudas no departamento de Urbanismo do Concello de Pontecesures.

Bases destas axudas (DOG do 28/decembro/2015)