XA TEMOS GA?ADORES NO CONCURSO DAS TAPAS DE MATANZA
Efectuado hoxe ó mediodia o sorteo dunha cesta de productos típicos ??da matanza? entre todos/as os/as participantes no concurso ??Tapas de Matanza? que depositaron o boleto nalgun dos establecementos hostaleiros, resultou gañadora SANDRA IGLESIAS ESPADAS.
Asimesmo, no reconto de votos emitidos para saber que establecemnto saiu elixido coa tapa gañadora, Amadou o maior número de votos, sendo polo tanto o gañador, a GASOLINERA A PALMEIRA.
O listado de votos foi o seguinte:
1º.- A Palmeira 14 votos
2.º- Casa Chaves 12 ?
3º.- Banhoff 5 ?
4º.- Pizzeria Bambino 4 ??
5º.- Isidro 4 ?
6º.- O Meco 3 ?
7º.- Café Bar Mambís 1 ?
8º.- Nu-2 1 ??
9º.- Carabela 1 ??
Contabilizáronse tamén 3 votos nulos.
A última hora da mañá e hoxe os premiados pasaron a recoller os premios.

Sandra recolleu seu premio, unha cesta de productos da matanza de mans d alcaldesa, Cecilia Tarela.

José, o encargado da gasoliñeira A Palmeira, recolleu de mans do concelleiro de promoción económica Roque Araujo, o diploma acreditativo de ter gañado o concurso de tapas.

Foto dos premiados na edicion de 2015.
O CONCELLO DE PONTECESURES ABRE O PRAZO PARA A PARTICIPACI?N NA CABALGATA DE REIS.
O Concello de Pontecesures invita a participación de todos, nenos e maiores, na Cabalgata de Reis. Os interesados poden incribirse nas oficinas do Concello ata día 4 de xaneiro. A Cabagata de Reis será o martes 5 de xaneiro, sendo o lugar de reunión dos participantes nave de obras do concello ás 16.30 horas (saída da cabalgata ás 17.30 horas).
Recordase que en caso de choiva a recepción dos Reis Magos farase no Pavillón de Deportes.
LUDOTECA DE NADAL 2015 EN PONTECESURES.
LUDOTECA NADAL 2015
Destinada a nenos/as de 4 a 12 anos de idade.
Duración: 10 días dende o 21/decembro/2015 ata o 05/xaneiro/2016.
| DECEMBRO 2015 | |||||||
| LUNS | MART. | M?R. | XOV. | VEN. | SÁB. | DOM. | |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | |
| 28 | 29 | 30 | 31 | ||||
| XANEIRO 2016 | |||||||
| LUNS | MART. | M?R. | XOV. | VEN. | SÁB. | DOM. | |
| 1 | 2 | 3 | |||||
| 4 | 5 | 6 | |||||
Local anexo ao Pavillón Polideportivo Municipal de Pontecesures.
Horario de 9.00 a 14.00 horas.
Custo por neno/a (10 días): 30 ?
Inscricións nas oficinas do Concello de Pontecesures.
Prazo de inscrición: do 14 ata o 18 de decembro.
PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO 2016.

Programa destinado a pensionistas. Estadías de 10 a 12 días de duración en balnearios.
Prazos de solicitude:
1. Ata o 11 de xaneiro de 2016: Para as quendas de febreiro ata agosto de 2016.
2. Ata o 11 de maio de 2016: Para as quendas de setembro a decembro de 2016.
Máis información e presentación de solicitudes no Servizo Social Comunitario deste concello os luns de 10.30 a 13.30 e os martes e venres de 9.00 a 13.30 horas.



